1 xerga

1 xerga

(

  1. s f [LING]
    1. ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Caracterízase por ter un léxico particular no que predominan as invencións, modificacións de sentido ou deformación de palabras usuais, aínda que mantén o sistema fonolóxico e morfosintáctico da lingua común. Transmitida por vía oral, o seu período máis fecundo tivo lugar na segunda metade do s XIX e na primeira do s XX. Nas últimas décadas o descenso do número de persoas que desenvolven estes oficios tradicionais e o descoñecemento das súas xergas polos máis novos produciron unha importante decadencia no seu emprego. No galego identifícanse varias xergas profesionais, que tamén reciben as denominacións de verbo, verba ou latín. Entre elas están o barallete, a xerga dos afiadores, dos paraugueiros, dos xabarreadores, dos viveleiros, dos xingreiros e dos follateiros ourensáns (coizo ‘vello’, galbanurria ‘preguiza’, invernuxo ‘inverno’); a verba dos arxinas ou verbo dos canteiros, a xerga dos canteiros e picapedreiros pontevedreses (cricañola ‘tixola’, falpilaxe ‘roupa’, estadulla ‘cunca’); o verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, empregada polos telleiros da Guarda (chavisca ‘chave’, fuza ‘barba’, gañarra ‘augardente’); o latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis (dargas ‘demo’, motroia ‘cabeza’, ninar ‘durmir’); a verba dos cesteiros de Mondariz (enteleigar ‘saber’, erena ‘bruxa’, firriquito ‘saco’), etc.

    2. ariedade lingüística especial, con carácter diferencialista e críptico, que adoitan empregar grupos relacionados polo sexo, a idade, o nivel cultural ou a clase social.

    3. Linguaxe técnica específica que empregan diversas profesións ou ciencias, como a medicina, a informática, as matemáticas, etc, que se caracteriza principalmente polo emprego de tecnicismos e neoloxismos.

      Sinónimos: argot.
  2. s f

    Lingua complicada e difícil de entender.

Palabras veciñas

Xeresa | xerez | xerezano -na | 1 xerga | 2 xerga | xergo -ga | xergón