argot
argot
(< fr argot)
s
m
[LING]
Termo que orixinariamente designaba a fala dos ladróns profesionais franceses, e que veu significar toda clase de fala especializada, distinta da maneira común de falar dos usuarios dunha lingua, como por exemplo, o vocabulario técnico. Nun terceiro sentido, é usual reservar o termo para designar as formacións léxicas ou fraseolóxicas que se poñen de moda, xeralmente en certos sectores das poboacións urbanas.