"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.
-
-
Relativo ou pertencente aos nautiloideos.
-
Molusco da subclase dos nautiloideos.
-
Subclase de moluscos cefalópodos tetrabranquios, con cuncha externa, enrolada en espiral e dividida en tabiques por septos. As cámaras delimitadas están atravesadas por un tubo, sifón, que é unha prolongación da masa visceral e que se enche de gas, de tal xeito que adquire flotabilidade. Os primeiros representantes apareceron hai máis de 500 millóns de anos (Cámbrico superior), alcanzaron a maior diversidade durante o Silúrico e Ordovícico. Actualmente só perduran dous xéneros, Nautilus e Allonautilus, considerados fósiles vivintes.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. De nome Salvatore Amedeo Buffa, caracterizouse por interpretar a heroes domésticos, bondadosos e honorables. Deuse a coñecer con Cavalleria (1936), e despois participou en Il bandito (1946), Il brigante Mussolino (1950), Processo alla città (1952), Le notti de Cabiria (1957), Odio mortale (1962), Il gaucho (1964), Nina (1976) e Melodrammore (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao néctar.
-
Que ten ou segrega néctar.
-
Que ten un sabor similar ao néctar.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos nectonematoideos.
-
Verme da orde dos nectonematoideos.
-
Orde de vermes, do filo dos nematomorfos, que presentan dúas liñas epidérmicas, unha dorsal e outra ventral. Están provistos de sedas para a natación e os adultos habitan libres nas augas mariñas litorais.
-
-
GALICIA
Xurista e político. Pertenceu ao corpo diplomático e militou no Partido Liberal. Foi senador en tres lexislaturas entre 1893 e 1907, e desde 1910 foi nomeado senador vitalicio. Publicou o folleto titulado Consideradas observaciones a las teorías jurídico-sociológicas que se desarrollan en el discurso pronunciado por el Sr. Presidente del Tribunal Supremo, el día 15 de septiembre de 1914, en el solemne acto de apertura de los Tribunales de Justicia (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás neisseriáceas.
-
Bacteria da familia das neisseriáceas.
-
Familia de bacterias Gram-negativas, que se caracterizan por ter forma de coco e ser de vida comensal e parasita. O xénero máis importante é Neisseria.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador. Adscrito nun primeiro momento ao movemento internacional, posteriormente incorporou solucións organicistas. Proxectou a casa Fairchild (1943), en Nova York, con William Hamby, articulando todas as dependencias arredor dun patio. Preocupado polos problemas da sociedade industrial, formou parte da mesa redonda que convocou The Museum of Modern Art (MOMA) de Nova York, en febreiro de 1948, e dirixiu a revista ArchFor (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Desenvolveu o pensamento de Jacob Friedrich Fries, centrándose principalmente na cuestión gnoseolóxica. Da súa obra destacan Über das sogenannte Erkenntnisproblem (Sobre o denominado problema do coñecemento, 1908), System der philosophischen Rechtslehre (Sistema da doutrina xurídica filosófica, 1920) e Demokratie und Führerschaft (Democracia e autoritarismo, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Nemea, antiga cidade grega, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nemea.
-
Competicións atléticas e deportivas que se celebran o primeiro de agosto, cada dous anos, con motivo das Nemeas ou festas nemeas e que están dedicadas a Zeus Nemeo. Crese que as instituíu Hércules cando abateu, nun dos seus doce traballos, o león de Nemea. A primeira festa nemea oficialmente coñecida foi a de 547 a C.
-
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘novo’.
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras para indicar a última subdivisión dun período, fronte aos prefixos meso- e eo-.
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras para indicar que un composto ten relación con outro obtido anteriormente.
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras para indicar que nun composto polo menos un átomo de carbono está enlazado directamente con outros catro átomos de carbono.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido fundado por Habib ibn Alí Bourguiba en 1934 froito da división e reorganización do Destour. Encabezou a loita contra os franceses. Recibiu a axuda dos grupos de esquerda franceses e entrou en contacto cos nacionalistas de Marrocos e Arxelia. Foi ilegalizado en 1938 e, tras a proclamación da independencia (1956), loitou en favor da república. En 1964 transformouse no Parti Socialiste Destourien (PSD), único partido legal ata 1981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arsenical orgánico que se presenta en forma de pos amarelos e se oxida en presenza de aire, razón pola que se conserva en ampolas de vidro nunha atmosfera inerte. Emprégase en medicina como antisifilítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á arte grega que corresponde ao último período helenístico, que tivo como centro Atenas. De tendencias clásicas, reelaborou motivos arcaizantes e reproduciu copias de orixinais famosos, destinadas, en gran parte, á exportación. Difundiuse por Asia, Grecia e Roma, onde floreceu fundamentalmente baixo Adriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á derradeira etapa do Imperio Babilónico e da arte babilónica.
-
-
Relativo ou pertencente aos neobalénidos.
-
Cetáceo da familia dos neobalénidos.
-
Familia de cetáceos, da suborde dos misticetos, que presentan o corpo de cor gris azulada, sen pregamentos cutáneos na gorxa e no ventre, cunha pequena aleta dorsal falciforme e un gran número de barbas curtas. Habita os mares meridionais. A única balea desta familia é a balea pigmea Neobalaena marginata que, cuns 6 m de lonxitude, é a especie máis pequena da suborde dos misticetos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula de orixe mesodérmica dun organismo adulto que conservou os caracteres embrionarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Nova Caledonia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nova Caledonia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo neocaledonio.
-
Individuo do pobo neocaledonio.
-
Pobo que habita na illa de Nova Caledonia, en Melanesia. É un dos representantes máis puros da raza melanesia, coa pel moi escura, case negra, o corpo robusto e os membros curtos e fortes. Viven da práctica dunha agricultura moi rudimentaria.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema económico capitalista tal e como se caracteriza a partir da década de 1950. As súas características máis importantes son un avance tecnolóxico ininterrompido, en boa parte consecuencia da carreira armamentística; e unhas relacións de explotación cos países do Terceiro Mundo, por causa do crecemento da produción e a necesidade de mercados. O crecemento dos gastos en armamento emprendeuse como medida con efectos anticíclicos e amortecedores da violencia das crises, mais tamén orixinou, en boa parte, unha tendencia á inflación permanente. A crise que estourou no sistema capitalista a partir de 1973, resultado das contradicións que xeraron os mecanismos anteriores, puxo fin a esta fase expansiva do capitalismo.
-
-
Relativo ou pertencente ao neocapitalismo.
-
Partidario do neocapitalismo.
-