neocapitalismo

neocapitalismo

(

s m [ECON]

Sistema económico capitalista tal e como se caracteriza a partir da década de 1950. As súas características máis importantes son un avance tecnolóxico ininterrompido, en boa parte consecuencia da carreira armamentística; e unhas relacións de explotación cos países do Terceiro Mundo, por causa do crecemento da produción e a necesidade de mercados. O crecemento dos gastos en armamento emprendeuse como medida con efectos anticíclicos e amortecedores da violencia das crises, mais tamén orixinou, en boa parte, unha tendencia á inflación permanente. A crise que estourou no sistema capitalista a partir de 1973, resultado das contradicións que xeraron os mecanismos anteriores, puxo fin a esta fase expansiva do capitalismo.