"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Formado en Inglaterra, regresou ao seu país de orixe despois da Primeira Guerra Mundial. Cultivou diversos xéneros, como a novela, as pequenas narracións, a poesía, os libros de memorias e mesmo libretos de ópera. Mostrouse crítico e satírico coa sociedade, tanto na súa primeira novela Turbott Wolfe (1925), como en The Case is Altered (1932) e The Invaders (1934), ou nas escolmas de poemas Collected Poems (1961) e Message in Code (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Plotino ou ás súas doutrinas.
-
Seguidor de Plotino ou das súas doutrinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma estándar para configurar automaticamente o hardware dun ordenador compatible cos modelos de PC, desenvolvida por Microsoft e por outras empresas na década de 1990. Cada tarxeta ou accesorio inserido nun ordenador contén información de identificación que pode ser lida pola BIOS e polo sistema operativo. Así, o ordenador pode ver todos os accesorios instalados e pode configurarse a si mesmo para utilizalos adecuadamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra que se emprega só en plural (exequias, nupcias).
-
-
Que ten vixencia, dura ou se refire a varios anos.
-
Que, aínda sendo perenne, morre ao final do seu primeiro período vexetativo debido ás condicións climatolóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao planeta Plutón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación de aire a presión no oído medio.
-
PERSOEIRO
Político. Foi profesor universitario en Moscova (1859-1865) e preceptor do tsarévich Alexandre (1865-1868). Adquiriu unha grande influencia na corte desde que este se converteu no Tsar Alexandre III (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Xiao, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Latina na Universidad de Granada, estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e completou a súa formación en Bruxelas e Amsterdam. Divulgador da cultura galega no ámbito universitario salmantino a través das “Semáns galegas”, estudou a obra de diversos poetas galegos, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Colaborador do CSIC e de diversas publicacións especializadas, como Cuadernos de Filología Clásica, Estudios de Filología Latina, Anuario de Estudios Americanos, Dorna e Grial, fundamenta a maior parte da súa obra no estudo da literatura latina, especialmente a dramática. Autor do poema Versos para Aurora (1999), dos seus estudos e ensaios cómpre salientar Terencio, Eunuchus (1977), Los historiadores imperiales, los emperadores y el teatro latino (1981), Vida del Emperador Enrique IV de Alemania (1983), de carácter histórico; El tragediógrafo latino Lucio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, narrador e crítico literario estadounidense. Fillo duns actores teatrais, ao quedar orfo foi acollido pola familia Allan, que lle proporcionou estudos en Inglaterra e na Universidade de Charlottesville, ata que tivo que abandonalos por débedas de xogo. A morte da súa muller, o alcol e o xogo, agravaron os problemas que viña arrastrando desde a súa infancia. Na súa obra, vinculada á novela gótica inglesa, sobre todo pola escenografía e o tratamento narrativo, fanse patentes os elementos fantásticos e de terror; os personaxes, que amosan a súa parte boa e mala, móvense nunha fronteira de difícil delimitación entre o real e o irreal. Iniciou a súa produción cos poemas recollidos en Tamerlane and Other Poems (1827), Al Aaraaf, Tamerlane and Minor Poems (1829) e Poems (1831). No apartado narrativo destaca o relato Manuscript Found in a Bottle (1833) e diversos contos en que mestura o relato fantástico e o detectivesco, e que lle deron moita fama, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. En Breslau reflectiu o seu gusto racionalista na Luban Chemical Factory (1910-1912) e en Poznań na torre para un depósito de auga (1911). Decantouse posteriormente polo expresionismo e deseñou o Gran Teatro de Max Reinhardt (1919), e a finais da década de 1920 inclinouse cara ao monumentalismo, reflectido na I. G. Farben, en Frankfurt (1928-1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Lucense, cuxo nome apareceu nunha inscrición na muralla de Lugo, pero de difícil localización.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor de física na Universidade de Berlín, inventou un tipo de pila e un método para medir ángulos de desviación nos galvanómetros sensibles. Realizou investigacións sobre a polarización eléctrica e o magnetismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos vivérridos, co corpo alongado, as patas curtas e a cola do mesmo tamaño ca o corpo, co pelame amarelo, con puntos negros e aneis na cola. Aliméntanse de insectos e aves. A especie máis coñecida é Poiana richardsoni, que recibe o nome de linsang africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro mercedario situado en Poio. A tradición di que o fundou san Froitoso no s VII, ou algún dos seus discípulos, e que estivo relacionado co mosteiro da illa de Tambo, que foi eremitorio e lugar de retiro. Segundo un documento de doazón da Raíña Urraca (1116), sábese que foi reedificado e que o Rei Vermudo III fixo posible a instalación dos monxes entre 982 e 999. En 1105 Urraca doou a metade do couto, mentres que a outra metade é a que se traspasou no citado documento de 1116. Desde 942 ocupárono monxes bieitos e entre os ss XV e XVI renovouse. En 1548 Carlos I creou o Colexio Maior de Teoloxía e en 1613 fundouse o Colexio de Pasantes. Coa desamortización de 1835 a orde beneditina abandonou o edificio que foi ocupado en 1890 por monxes mercedarios de Conxo. En 1959 comezáronse a construír as novas dependencias do mosteiro que, xunto coas antigas, acollen diversas actividades culturais, sociais e artísticas, como a Escola de Canteiros ou a Escola de Mosaicos. A igrexa, que substituíu...
-
PERSOEIRO
Debuxante e humorista. Coñecido como Caran d’Ache, colaborou en diversas revistas de humor e introduciu as historietas sen palabras, cun forte espírito antimilitarista, anticlerical e antisemita. Da súa produción destaca Les lundis de Caran d’Ache.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo. Investigou os procesos físicos da circulación sanguínea. En 1840 formulou a lei que relaciona a velocidade media dun líquido no interior dun tubo capilar coa área de sección do tubo, a presión e a viscosidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.
VER O DETALLE DO TERMO