Pociña Pérez, Andrés
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Latina na Universidad de Granada, estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e completou a súa formación en Bruxelas e Amsterdam. Divulgador da cultura galega no ámbito universitario salmantino a través das “Semáns galegas”, estudou a obra de diversos poetas galegos, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Colaborador do CSIC e de diversas publicacións especializadas, como Cuadernos de Filología Clásica, Estudios de Filología Latina, Anuario de Estudios Americanos, Dorna e Grial, fundamenta a maior parte da súa obra no estudo da literatura latina, especialmente a dramática. Autor do poema Versos para Aurora (1999), dos seus estudos e ensaios cómpre salientar Terencio, Eunuchus (1977), Los historiadores imperiales, los emperadores y el teatro latino (1981), Vida del Emperador Enrique IV de Alemania (1983), de carácter histórico; El tragediógrafo latino Lucio Acio (1984), Publio Terencio Afro, comedias (1986), Comienzos de la poesía latina: épica, tragedia y comedia (1988), Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1991), Rosalía de Castro. Poesía Galega Completa (1992), en colaboración con Aurora López; Galicia e Granada, dous cabos dun eixo espiritual (1998), As letras galegas na obra de Alfredo Brañas (1999) e Estudios sobre comedia romana (2000), con A. López.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo