"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Xurista e político. Foi notario en diversas poboacións españolas, alcalde de Arzúa e Lugo, gobernador civil en Salamanca e na Coruña. Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes (1973-1975). Deputado no Congreso por Coalición Democrática (1982-1986), foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pol. Tense noticia da súa existencia no s XIII, aínda que se puido construír con anterioridade, e foi reedificada no s XIX. Consta de nave rectangular cunha cuberta de madeira a dúas vertentes. A capela maior está a maior altura e o retablo maior é barroco (1763). Na fachada hai un óculo redondo e unha espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras) e Santoalla do Monte (Petín). O seu cumio acada os 1.300 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital provincial e delimitado ao N polo río Tajo (3.411 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado entre os ríos Pas e Saja, ao N de Torrelavega (3.762 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e xurista. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, fundou a Editorial Santillana (1958) e creou o grupo editorial Timón (1972). Impulsor e presidente de Promotora de Informaciones SA (PRISA), presidiu o diario El País (1985-1990) e, desde 1993, Unión Radio, en que se integra a Sociedad Española de Radiodifusión (SER). Membro da Academia Europea de las Artes y de las Ciencias, foi condecorado coa medalla da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1982) pola súa actividade editorial, coa Légion d’Honneur do goberno francés (2004) e foi investido doutor honoris causa pola University de Brown.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate   (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Doutorado pola University of Manchester, foi un pioneiro no estudo da dinámica das reaccións químicas e desenvolveu a técnica da quimioluminescencia de infravermellos que constituíu o primeiro paso cara á utilización do láser para controlar as reaccións químicas. Concedéuselle a medalla da Royal Society de Londres (1989) e o Premio Nobel de Química (1986), compartido con D. R. Herschbach e Y. T. Lee, por desenvolver unha serie de regras sobre a dinámica das reaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que polariza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador luterano prusiano. De nome Johann Gramann, foi reitor da Thomas-Schule en Leipzig e secretario de L. Gegner Eck. Interveu na disputa con Lutero (1519) e foi o difusor da Reforma en Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema matrimonial poligámico polo que unha muller se pode unir legalmente con máis dun home. Practícase en moi poucas zonas do mundo, entre elas en India, algúns grupos tibetanos e os polinesios das illas Marquesas.

    2. Presenza na flor de vinte ou máis estames.

    3. Estado en que unha soa femia fecunda vive en sociedade con diversos machos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á poliandria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta poliandria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polianxiáceas.

    2. Bacteria da familia das polianxiáceas

    3. Familia de bacterias, da orde das mixobacteriais, con células longas e delgadas, frecuentemente fusiformes, que producen quistes e corpos frutíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Esmirna. Discípulo de san Xoán Evanxelista, viaxou a Roma, onde puido refutar os gnósticos e loitar contra os marcionitas e os valentinianos. Foi martirizado en tempos de Marco Aurelio. Escribiu a Carta aos filipenses, un documento que permite coñecer algúns aspectos da organización da Igrexa da época. Represéntase vestido con túnica e palio, xeralmente atado a un pau na fogueira onde o queimaron e cunha pomba sobre a cabeza; tamén pode aparecer cun león aos pés. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio francés de Ultramar formado por un centenar de illas e illotes divididos nos arquipélagos de Sociedade (illas de Barlovento e Sotavento), Marquesas, Tuamotu, Gambier e Austrais (Tubuai e Rurutu), que ocupan a maior parte da Polinesia Meridional (4.000 km2; 219.521 h [1996]). A súa capital é Papeete, en Tahiti. De orixe volcánica ou coralina, o seu clima é tropical con variacións latitudinais. A poboación é polinesia (sobre todo maorís) con numerosos mestizos, chineses e franceses. O coco é o seu principal recurso, pero existen outros cultivos como algodón, cana de azucre e café. Exportan copra, vainilla (Sociedade) e nácara (Tuamotu e Sociedade). O Centre d’Expérimentation du Pacifique (CEP), de experiencias nucleares francesas, ten polígonos atómicos nos atois de Fangataufa e Mururoa. Foi anexionada a Francia a comezos da década de 1840. En 1958 a poboación afirmou a súa decisión de continuar a ser un territorio de ultramar francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica sistemática dos compostos de natureza polimérica coa cadea principal constituída polo agrupamento atómico -Si-O-. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo italiano. Coñecido como Ambrogio Catarino, foi dominicano en Florencia (1517), bispo de Minori (1546) e arcebispo de Conza (1552). Polemizou cos luteranos e foi causa, a miúdo, de violentas polémicas pola novidade dalgunhas teses e polo seu escotismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica de diversos polímeros sintéticos que conteñen grupos uretano (-NH-CO-O-) repetidos na cadea principal. Obtéñense mediante a reacción de alcohois dihidroxílicos con diisocianatos. Industrialmente, os diisocianatos máis empregados na preparación de poliuretanos son o diisocianato de tolileno, coñecido como TDI, e o 4,4’-diisocianato de difenilmetano, coñecido coma MDI. Os poliuretanos cobren unha gama moi ampla de propiedades e teñen aplicación na fabricación de escumas e fibras, recubrimentos superficiais, composicións para o moldeamento, adhesivos e elastómeros. En agricultura úsanse como substrato en cultivos fóra de solo, en forma de escuma. Excelente substrato para cultivos hidropónicos, son moi utilizados en viveiros para a xerminación de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e poeta. De nome Agnolo Ambrogini, foi protexido por Lorenzo o Magnífico, en Florencia, e polo cardeal Gonzaga, en Mantua, onde escribiu a Favola di Orfeo (1480). Coidou a Biblioteca dos Medici e participou en misións diplomáticas do Papa Inocencio VIII. Ademais do seu interese pola filoloxía, a filosofía e a poesía en latín, grego e italiano, é autor de diversas elexías, odas e epigramas. Da súa obra destacan as Stanze per la giostra di Giuliano de Medici, escritas entre 1475 e 1478, e as Miscellaneorum centuria prima (1489).

    VER O DETALLE DO TERMO