"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Explorador e militar portugués. Gobernador xeral de Moçambique, explorou as rexións mozambicanas e Angola, para constituír unha zona de influencia portuguesa desde o Índico ao Atlántico, política que foi freada por Reino Unido, que a consideraba prexudicial para a súa expansión colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1967 como resultado da transformación do Servicio Nacional do Trigo, constituído en 1937 en Burgos. O seu obxectivo era a ordenación da produción e a compra e distribución dos cereais mediante unha rede de silos. En 1971 substituíuse polo Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA), convertido en 1996 no Fondo de Garantía Agraria (FEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado creado en 1991. O seu obxectivo é promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, ademais da participación e integración da muller na vida social, cultural, económica e política de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Miño que nace e desemboca na parroquia de Melón, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Setúbal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Setúbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandre Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (306-307). Proclamado césar grazas á intervención de Galerio, chegou a augusto despois da morte de Constancio. Loitou contra Maxencio, pero foi traizoado e tivo que refuxiarse en Ravenna, onde se rendeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Latín e Grego no Instituto de Pontevedra, e de Lóxica e Ética no de Ourense, colaborou con diferentes xornais como La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia, onde deixou constancia da súa afiliación á filosofía krausista. Fundou en 1862 o xornal El Alerta en Pontevedra. Das súas obras destacan El latinismo en el dialecto gallego (1879), Principios de psicología o antropología psíquica, lógica y ética (1882) e Sociología (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigadora e crítica literaria portuguesa. Profesora no departamento de Estudos Portugueses da Universidade do Minho, en Braga, foi codirectora das revistas Nós e Cadernos do Povo, e presidenta das Irmandades da Fala en Portugal. Experta en literatura africana en portugués, investigou parte da obra de F. Pessoa. É autora de C.E.I. celeiro do sonho: geração de “Mensagem” (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e especialista en ciencias sociais . Especializouse no estudo da toma de decisións nas organizacións económicas complexas. Das súas obras destacan Administrative Behavior (1947), Organizations (1958), Human Problem-Solving (1972), Models of Bounded Rationality (1982), Reason in Human Affairs (1983), Protocol Analysis (1984) e Scientific Discovery (1986). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fusión, nunha soa sílaba rítmica, de dúas vocais en contacto situadas unha no final e outra no comezo de palabras distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Lourenzo de Siabal (Paderne de Allariz). En 1160 o Rei Fernando II doouno ao bispo de Ourense, Pedro Seguín. Afonso IX confirmou a doazón en 1228.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato fundado pola escisión dos sectores opostos á relación da UPG con Comisións Labregas (1975). Denomináronse tamén CC LL Terra, polo voceiro que editaron. Mantívose activo no período 1976-1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Aleksandr Sergejevič Neverov, a súa obra reflicte temas sociais no marco da revolución. Destacan Marja-bolsevistka (María a bolxevique, 1921) e Taškent gorod-khlebnij (Taškent, a cidade do pan, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO