"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Lesión elemental da pel de tipo eruptivo, en forma de pequena elevación sólida e circunscrita, sen pus nin serosidade, que desaparece sen deixar cicatriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de pápulas nas doenzas eruptivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa carnosa e arredondada dalgunhas partes do corpo humano, como a das xemas dos dedos ou a da base do dedo polgar, na palma da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás pápulas.

      2. Que ten aparencia de pápula.

      3. Que está cheo de pápulas.

    1. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘xornal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir do 20 de outubro de 1973. Cesou a súa edición en 1987. Subtitulouse “Revista satírica y neurasténica” e constituíu un fito no humor político da transición española xunto con Hermano Lobo e La Codorniz. Contou cos traballos dos humoristas máis destacados do momento. Ramón Tosas, Ivá, encargouse da revista na súa última etapa, cando a maior parte dos colaboradores xa marcharan, primeiro a Por Favor (1974) e logo a El Jueves (1977). Sufriu dúas suspensións administrativas en catro meses, o secuestro dun número e, o 20 de setembro de 1977, a explosión dunha bomba que puxo un grupo próximo á extrema dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave canora que pertence ao xénero Sylvia, da familia dos sílvidos. É pequena, insectívora e pode encontrarse en zonas de mato ou de vexetación baixa.

      2. papuxa apardada [port: felosa das figueiras; cast: curruca mosquitera; ingl: garden warbler] [Sylvia borin, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 14 cm que presenta a plumaxe da zona superior parda clara, o peito de cor clara e as ás e a cola pardas. Non existe dimorfismo nesta especie. De distribución europea ampla, é estival en Galicia, desde finais de abril, onde se distribúe de forma irregular. Habita en carballeiras con denso sotobosque e en zonas de vexetación baixa.

      3. papuxa cabecinegra [port: toutinegra de cabeça preta; cast: curruca cabecinegra; ingl: sardinian warbler] [Sylvia melanocephala, Fam dos sílvidos]

        Ave de aproximadamente 13-14 cm, que ten a plumaxe da cabeza de cor negra nos machos e parda acastañada nas femias, e as partes inferiores de cor branca sucia. Presenta un anel arredor do ollo de cor vermella, patas de cor carne e a cola longa e negra. Ten unha distribución principalmente mediterránea e está presente no S e L de España. En Galicia non está totalmente estendida, pero está presente en certas zonas e cría localmente.

      4. papuxa común [port: papaa amoras; cast: curruca zarcera; ingl: whitethroat] [Sylvia communis, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 14 cm, que ten as partes superiores de cor parda, ás avermelladas, pescozo branco e as partes inferiores esbrancuxadas rosáceas. A cabeza é agrisada nos machos e parda nas femias, e teñen o anel ocular claro. Habita nos campos cubertos con vexetación baixa, en toda Europa e no NO de África. En Galicia é estival e pode observarse nalgunhas zonas xa desde finais de marzo.

      5. papuxa das amoras [port: toutinegra de barrete negro; cast: curruca capirotada; ingl: blackcap] [Sylvia atricapilla, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 14 cm, que presenta o curuto de cor negra nos machos e parda nas femias, e o resto da cabeza e as partes superiores do corpo de cor cinsenta ou olivácea. É moi común en toda a Península e tamén en Galicia, onde se distribúe homoxeneamente por todo o territorio. Vive en zonas de espesuras, arbustos e hortas.

      6. papuxa montesa [port: felosa do mato; cast: curruca rabilarga; ingl: dartford warbler] [Sylvia undata, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 13 cm, 6 deles de cola, que é de cor castaña, agrisada nas partes superiores e avermellada nas inferiores. Ten o ollo e o anel ocular de cor vermella. O macho diferénciase da femia por posuír manchas brancas na gorxa. Habita entre carrasqueiras no centro e S de Italia, no S e no O de Francia, no S de Inglaterra, en toda a Península Ibérica, Córsega, Sardeña e Sicilia. En Galicia é moi común. Cría en zonas de toxos, xestas e queirugas, e aliméntase de insectos e larvas.

      7. papuxa ollobranca [port: toutinegra real; cast: curruca mirlona; ingl: western orphean warbler] [Sylvia hortensis, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 15 cm que ten a plumaxe das partes superiores pardas, o peito e gorxa rosados nos machos e branco e amarelo nas femias, o iris branco e un curuto negro na cabeza. As patas son negras agrisadas. Na Península Ibérica é unha ave estival, pero en Galicia é moi rara de atopar, aínda que hai constancia da súa presenza no SL. Vive en espesuras con árbores e hortas.

      8. papuxa paporrubia [port: toutinegra carrasqueira; cast: curruca carrasqueña; ingl: subalpine warbler] [Sylvia cantillans, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 12 cm co anel ocular arrubiado. O macho diferénciase da femia por ter a zona inferior do corpo ocre, cunha banda branca na gorxa e a parte superior agrisada, mentres que a femia é de cor parda, a excepción da zona inferior que é abrancazada. En Galicia é estival, e pode encontrarse raramente na provincia de Ourense en zonas de monte baixo.

      9. papuxa sarda [port: toutinegra sarda; cast: curruca sarda; ingl: marmora‘s warbler] [Sylvia sarda, Fam dos sílvidos]

        Ave duns 12 cm, que ten as partes superiores de cor gris escura, o pescozo e o peito máis claros e o ventre esbrancuxado. Habita nas illas do Mediterráneo ibérico.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise incompleta das extremidades inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deporte que consiste en descender desde unha pendente cun paracaídas rectangular e previamente despregado.

    2. Tipo de paracaídas que se emprega nesta modalidade deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resgardar ou gorecer algo con parapetos.

    2. Resgardarse ou protexerse de algo con parapetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra de defensa formada por muros, terrapléns, barricadas ou sacos de area amoreados que protexe os soldados do fogo da fronte e que lles permite disparar as súas armas de fogo.

    2. Muro ou varanda, xeralmente ata a altura do peito, que se pon nas ventás, balcóns, pozos, pontes ou noutros lugares como protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de antropoides fósiles, do Oligoceno inferior, que están relacionados cos pónxidos e homínidos. Encontrouse unha mandíbula en Fayum (Exipto).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte inerte da célula viva, por oposición á parte activa ou citoplasma. Comprende os vacúolos e as inclusións citoplasmáticas de reserva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao paraplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pseudoparénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise da metade inferior do corpo, case sempre debida a lesións da medula espiñal ou das raíces raquídeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á paraplexía.

    2. Que ou quen sofre paraplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se desenvolve ao mesmo tempo ca outro proceso patolóxico pulmonar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous apéndices laterais que teñen os metámeros somáticos dos anélidos poliquetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunoglobulina que está producida por células do tipo dos linfocitos. Poden ser de varios tipos (banda policlonal) ou dun só tipo (banda monoclonal). A banda policlonal está provocada por enfermidades como a cirrose hepática ou as infeccións crónicas. A banda monoclonal é propia de enfermidades neoplásticas do sistema linfático, como o mieloma múltiple, a enfermidade de Waldenström e as enfermidades das cadeas pesadas das inmunoglobulinas; tamén se pode ver en persoas anciás, sen significado patolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO