paraproteína

paraproteína

(

s f [BIOQ/PAT]

Inmunoglobulina que está producida por células do tipo dos linfocitos. Poden ser de varios tipos (banda policlonal) ou dun só tipo (banda monoclonal). A banda policlonal está provocada por enfermidades como a cirrose hepática ou as infeccións crónicas. A banda monoclonal é propia de enfermidades neoplásticas do sistema linfático, como o mieloma múltiple, a enfermidade de Waldenström e as enfermidades das cadeas pesadas das inmunoglobulinas; tamén se pode ver en persoas anciás, sen significado patolóxico.