"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Tendencia a anexionar. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario ou defensor do anexionismo. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dos anexos uterinos é dicir, dos ovarios e das trompas uterinas, orixinada por diversos xermes provenientes de certos contactos sexuais, ou por infeccións subseguintes a abortos ou partos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que se xunta a unha cousa de maneira que aquela dependa desta e que lle sirva de complemento.

    2. Construción menor ou parte accesoria a un edificio principal, a miúdo formando un corpo único con este.

    3. Calidade das partes adxuntas a algún órgano ou a algunha formación anatómica.

    4. Conxunto anatómico formado polos ligamentos uterinos, as trompas uterinas e os ovarios.

    5. Referido á arquitectura castrexa, espacio delimitado por pequenos muros que se artellan cos da construción principal (xeralmente doméstica), e que poden presentar morfoloxía moi variada.

    6. Formación embrionaria que limita e illa parcialmente o embrión da parte extraembrionaria. Nos vertebrados amniotas os tres anexos embrionarios principais son o saco vitelino, o amnio e o alantoides, aínda que tamén se considera a serosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘ambos’, ‘de dúas formas’, ‘a ambos os lados’, ‘ó redor de’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina primaria con gran capacidade de estimulación do sistema nervioso central, empregada como somnífugo e anoréxico. É un estimulante do estado de vixilancia que reduce a necesidade de durmir, anula a sensación de fatiga e aumenta a actividade motora. Prepárase por redución da oxina da cetona benzil metílica ou por reacción desta cetona con formamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxicomanía causada polo abuso de anfetaminas. Caracterízase por insomnio, axitación psicomotriz, confusión, onirismo e alteración do estado xeral. Pode chegar a presentar cadros de tipo esquizofrénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de articulación, de movementos limitados, que une as superficies óseas por medio de discos de fibrocartilaxe, como as vertebrais, a sínfise púbica e outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode vivir no medio terrestre e no acuático.

    2. Vertebrado da clase dos anfibios.

    3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (o que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. A necesidade de manter constantemente húmida a pel leva os anfibios a vivir en zonas máis ou menos húmidas e a ser maioritariamente nocturnos. A reprodución realízase na auga na maioría das especies, mediante unha fecundación xeralmente externa. Os ovos desenvólvense normalmente na auga. Na maioría das especies existe, trala a eclosión do ovo, unha fase de desenvolvemento larvario acuático, ao final do que ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre. Durante a metamorfose cambian gradualmente de organización: as larvas acuáticas, anatómica e fisioloxicamente moi parecidas aos peixes, adquiren extremidades, perden as branquias (na maioría dos casos) e adquiren tamén pulmóns. Os anfibios presentan distintos sistemas de defensa: poden ter na pel glándulas produtoras de veleno -e entón adoitan presentar coloracións...

      1. Que ten unha dobre natureza, forma de ser ou actuar.

      2. Dise das tropas que son trasportadas en vehículos anfibios desde o barco de transporte e que, unha vez desembarcadas, están preparadas para combater con plena eficacia.

      3. operación anfibia

        Operación militar conxunta na que participan forzas navais e terrestres dirixida contra zonas costeiras, portos ou illas dominadas polo inimigo.

      4. vehículo anfibio

        ehículo capacitado para moverse por terra e por auga. A maior parte dos vehículos anfibios están deseñados cunha finalidade bélica e empréganse para os desembarcos, dende barcos de transporte, e tamén para atravesar ríos e zonas pantanosas. Poden ser do tipo aeroescorregante ou de deseño máis parecido aos vehículos terrestres. É o caso do avión anfibio e do helicóptero anfibio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos organismos que poden vivir en distintos medios segundo a fase do seu ciclo vital na que se atopen; como algúns insectos que teñen fase larvaria acuática e fase adulta terrestre, ou algúns peixes que para completar o seu ciclo reprodutivo teñen que realizar migracións entre o mar e o río (anguía, salmón, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anfíbolos.

    2. Incerto ou irregular, de pronóstico dubidoso.

    3. Que pode ser proxectado cara a adiante e cara a atrás, como o dedo exterior da curuxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica composta de anfíbolos (hornblenda) e plaxioclases (andesina e labradorita), en proporción variable. Pode ter como minerais accesorios cuarzo, diópsidos, biotita, granate e epidota, entre outros. É de cor verde escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de minerais da clase dos silicatos que, xunto cos piroxenos, constitúen o grupo dos inosilicatos. Responden á fórmula xeral A2 B5 (Si,Al)8 O22 (OH,F)2 na que B pode ser Mg, Fe, Al e Mn, e A pode ser Ca, Na e K. Forman cristais de dous tipos: monoclínicos e rómbicos. Os monoclínicos, de gran pleocroísmo, dan lugar a innumerables combinacións entre as que se atopan: a actinota, a hornblenda e mais os anfíbolos sódicos. Na serie da actinota inclúese: a actinota, a actinolita e a tremolita; son frecuentes en rochas metamórficas, especialmente en esquistos e noutras de metamorfismo de contacto. A serie da hornblenda é abundante na composición de moitas rochas ígneas, como a diorita e a andesita, esencial nas rochas metamórficas como a anfibolita; tamén é abundante en rochas calcarias metamorfoseadas por contacto e en certos sedimentos detríticos. A serie dos anfíbolos sódicos subdivídese en dous grupos máis: o do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que remite ao uso ambiguo dun enunciado como consecuencia da multiplicidade semántica dunha palabra, nos casos de polisemia e homonimia, ou do emprego erróneo dunha construción sintáctica. Por exemplo: Comprei unha bota na tenda (onde bota pode referirse ao calzado ou pode ser o recipiente de coiro para o viño).

    2. Enunciado susceptible de ser interpretado de dúas ou máis formas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou presenta anfiboloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico da poesía grega e latina formado tres sílabas, que seguen a ordenación de unha longa entre dúas breves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anfíbraco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nunha planta de dous tipos de froitos diferentes, uns que maduran no aire e outros que o fan baixo terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de vértebra máis primitiva, que ten os costados cranial e caudal cóncavos. Preséntana os peixes, os anfibios e os réptiles primitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO