anexo -xa
(< lat annexu p p deannectĕre ‘unir’)
-
adx e s
m
Que ou o que se xunta a unha cousa de maneira que aquela dependa desta e que lle sirva de complemento.
Ex: No documento anexo constan todos os participantes no congreso.
Sinónimos: apéndice, suplemento. -
s
m
Construción menor ou parte accesoria a un edificio principal, a miúdo formando un corpo único con este.
Ex: As vivendas unifamiliares acostuman posuír un garaxe propio situado nun edificio anexo máis pequeno.
Confrontacións: suplemento. -
adx
[ANAT]
Calidade das partes adxuntas a algún órgano ou a algunha formación anatómica.
-
s
m pl
[ANAT]
Conxunto anatómico formado polos ligamentos uterinos, as trompas uterinas e os ovarios.
-
s
m
[ARQUEOL/ARQUIT]
Referido á arquitectura castrexa, espacio delimitado por pequenos muros que se artellan cos da construción principal (xeralmente doméstica), e que poden presentar morfoloxía moi variada.
-
anexo embrionario
[BIOL]
Formación embrionaria que limita e illa parcialmente o embrión da parte extraembrionaria. Nos vertebrados amniotas os tres anexos embrionarios principais son o saco vitelino, o amnio e o alantoides, aínda que tamén se considera a serosa.