"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Estilo principal da arte rupestre do Sáhara (V-II milenio a C), presente nos grandes macizos centrais (Hoggar, Tassili, Ennedi e Tibesti), no que se distinguen tres subestilos sucesivos. Caracterízase pola pintura, ás veces polícroma, e o gravado de grandes rabaños de bóvidos domésticos e figuras humanas, nas que se distinguen individuos dos grupos fulani (de feito algunhas das escenas representadas interpretáronse de acordo coa súa mitoloxía actual) e bérberes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bóvidos.

    2. Mamífero da familia dos bóvidos.

    3. Familia de mamíferos, a máis numerosa da orde dos artiodáctilos, que inclúe os ruminantes: bois, cabras, gacelas, etc. Os dous sexos teñen cornos ocos de formas e medidas variables (aínda que os dos machos son máis grosos) que non se ramifican, crecen continuamente e nunca caen. Os bóvidos teñen, polo xeral, 32 dentes (ás veces 28) e carecen ou teñen moi reducidas as falanxes nos dedos superiores. A súa distribución xeográfica orixinal é moi ampla e viven en todos os continentes. En América Central, América do Sur e Oceanía esta especie, introducida polo ser humano, convive cos animais herbívoros autóctonos (rilladores, tilópidos e marsupiais). Dende a Antigüidade, moitas especies empregáronse como animais domésticos e teñen un grande interese e importancia para a economía humana. Dentro dos bóvidos distínguense as subfamilias dos bovinos, ovinos, caprinos e antilopinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bovinos.

    2. Mamífero da subfamilia dos bovinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado. Teñen o fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e un pingallo característico no pescozo, a barbela. Carecen de suco, de glándulas lacrimais e de glándulas interdixitais. As femias teñen dous pares de mamas funcionais. Están moi estendidos e ocupan case toda a área propia da familia. Viven nas praderías e teñen sido empregados polo ser humano dende antano como animais domésticos.

    4. Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos. Adáptase a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada. A súa alimentación baséase na forraxe verde ou ensilada e en pensos compostos. As enfermidades máis frecuentes que presentan son a glosopeda, a brucelose, a mastite e a tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das licoperdáceas, de cogomelos globosos, de ata 4 cm de diámetro, nos que, baixo unha primeira cuberta branca que na madurez escacha, aparece un segundo recubrimento agrisado que garda o conxunto de esporas que se liberan a través dun poro situado no ápice. Nos prados galegos son frecuentes as especies B. plumbea e B. nigrescens, esta última restrinxida a medios de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Famosa pola sensualidade dos papeis dos filmes rodados entre os anos 1925-1930. O seu verdadeiro lanzamento foi It (Cousa, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano característico dalgunhas áreas semidesérticas, formado por unha coiraza laterítica e ferruxinosa, moi degradada pola erosión, que eliminou case totalmente o seu solo superficial. Sobre ela aséntase unha vexetación de sabana secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico australiano. Orientou as súas investigacións ao estudo da lubricación e da erosión das superficies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. En 1799 preparou a primeira edición americana de The Practical Navigator (O navegador práctico) de J. H. Moore; en 1802 revisou e ampliou esta obra. Traduciu o Traité de la mécanique céleste (Tratado da mecánica celeste), de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas novelas céntranse no universo feminino, nos problemas das mulleres e a súa relación coa sociedade. Escribiu as obras Friends and Relations (Amigos e relacións, 1931), The Death of the Heart (A morte do corazón, 1938), World of Love (Mundo de amor, 1955) e Eva Trout (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Publicou poesía e traducións do grego, do latín e do francés ao galés. A súa obra revela unha preocupación pola técnica poética e un dominio total da métrica dos antigos bardos clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Estudiou os espectros das nebulosas planetarias e determinou a orixe das liñas verdes intensas que presentaban. Foi director do observatorio de Mount Wilson (1946) e do complexo Mount Wilson-Palomar (1948-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Litólogo canadense. Foi un dos iniciadores da Litoloxía Experimental. Traballou na Carnegie Institution de Washington onde estudiou a cristalización dos minerais. A súa obra máis importante é The evolution of the igneous rocks (A evolución das rocas ígneas, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • David Robert Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Aínda que a súa obra é reducida, a súa influencia obsérvase en escritores importantes, especialmente en Truman Capote. Entre as súas novelas destaca Two Serious Ladies (Dúas mulleres serias, 1943) e a peza teatral In the Summer House (Na casa de verán, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor. Viaxou con frecuencia a Europa e máis tarde estableceuse en Marrocos, lugar de residencia que alternaba con Sri Lanka. Traballou como crítico musical e escribiu ballets e unha ópera, The Wind Remains (Os restos do vento, 1941). Con respecto á produción literaria, cómpre destacar que o mundo norteafricano é o escenario máis frecuente das súas obras: The sheltering sky (O ceo protector, 1949), Let it come down (Deixa que chegue abaixo, 1952), The spider’s house (A casa da araña, 1955), Up above the world (Por enriba do mundo, 1967), e a autobiografía Without stopping (Sen parar, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e anticuario inglés. As súas poesías son unha reacción contra Alexander Pope. Publicou The Spirit of Discovery (O espírito do descubrimento, 1805) e The Missionary of the Andes (O misioneiro dos Andes, 1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e economista inglés. Fundador da Econometric Society, fomentou o uso das técnicas de mostraxe na estatística aplicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación inglesa do xogo dos bolos, que se emprega habitualmente para referirse á forma de xogo regulamentada internacionalmente.

    2. Pista de bolos, local onde se xoga aos bolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Profesor na Universidade de Yale (1905-1915), dirixiu as expedicións universitarias en América do Sur. Nomeárono director da American Geographical Society (1915-1935) e presidente da Johns Hopkins University (1935) e da Association of American Geographers. Participou, na súa calidade de xeógrafo, na Conferencia de Paz de París (1917). Entre as súas obras destacan South America (América do Sur) e Geography in relation to the Social Sciences (A Xeografía en relación coas Ciencias Sociais, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO