Bowman, Isaiah

Bowman, Isaiah

Xeógrafo. Profesor na Universidade de Yale (1905-1915), dirixiu as expedicións universitarias en América do Sur. Nomeárono director da American Geographical Society (1915-1935) e presidente da Johns Hopkins University (1935) e da Association of American Geographers. Participou, na súa calidade de xeógrafo, na Conferencia de Paz de París (1917). Entre as súas obras destacan South America (América do Sur) e Geography in relation to the Social Sciences (A Xeografía en relación coas Ciencias Sociais, 1934).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Waterloo, Ontario, Canadá

  • Deceso

    Lugar : Baltimore, Maryland, EE UU