"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1858. Subtitulouse “Periódico semanal de intereses materiales, publicado bajo la dirección de la Sociedad Económica de Santiago”. Cesou o 3 de outubro do mesmo ano (nº14). Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xacobe Souto. Incluíu información para a mellora da agricultura, as artes e a industria; outra relativa á Exposición; novas de interese económico e administrativo; artigos e informes da Sociedad Económica, e disposicións das autoridades locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra anual de filatelia que constitúe o Campionato de España de Filatelia, organizada, co patrocinio da Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, polo grupo filatélico local que designe a Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI). A primeira edición da EXFILNA tivo lugar en 1972. Con anterioridade, dende 1963, celebráronse certames similares, co nome de xornadas, semanas ou asembleas e exposicións filatélicas, como a organizada en Santiago de Compostela en 1965, co gallo do Ano Santo Xacobeo. A EXFILNA celebrouse en Galicia en dúas ocasións: en 1976 na Coruña e en 2001 en Vigo. Dende 1985 o servizo filatélico de Correos emite unha folla-bloque conmemorativa. En 1991 asinouse un protocolo entre a FESOFI e a Federação Portuguesa de Filatelia, que permite a participación na EXFILNA dos seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición organizada pola Sociedad Liga de Amigos de Santiago celebrada en 1909 en Santiago de Compostela. Inaugurouse o 24 de xullo de 1909 coa presenza do Rei Afonso XIII e de Antonio Maura, e clausurouna o 30 de novembro o ministro de Fomento Augusto González Besada. A súa celebración concretouse nunha reunión celebrada en decembro de 1907, presidida polo cardeal Martín de Herrera que contou coa presencia, entre outros, do alcalde Lino Torre e do reitor da universidade Cleto Troncoso. Acordouse celebrar unha mostra dos produtos industriais e artísticos de Galicia coincidindo co ano santo de 1909. Invitouse tamén a expositores de fóra da rexión. Organizouse nas seccións de Belas Artes, Ciencias Aplicadas e Ciencias Industriais, divididas en diversos sectores. A presidencia honoraria da exposición recaeu no ministro de Fomento A. González Besada e formouse unha xunta central presidida por Pedro Pais Lapido á que pertenceron Eduardo Vilariño Magdalena e Miguel Castro Arizcún como vicepresidentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Privación por parte da Administración Pública da propiedade dun ben tanxible ou intanxible. A Constitución de 1978 establece que a expropiación só se pode aplicar por causa xustificada de utilidade pública ou interese social, e que o expropiado ten dereito a percibir unha indemnización xusta. A contía da indemnización determínase a proposta da Administración e do expropiado, que en caso de discrepancia se someten ao ditame do Jurado Provincial de Expropiación. Contra este ditame cabe recurso aos tribunais de xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de expugnar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de expunxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de expuntuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de expurgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extraer por sución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exsudar.

    2. Substancia que se exsuda.

    3. Defecto superficial que se pode localizar nas pezas de fundición e que se presenta en forma de pequenas gotas cun contido máis alto ca o resto da aliaxe de compoñente de punto de solidificación máis baixo.

    4. Concentración en pequenos filóns dun mineral procedente das rochas encaixantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de extenuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de exteriorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de extinguir ou extinguirse.

    2. Fenómeno polo que, nun microscopio petrográfico, a luz que atravesa un mineral non chega ao ocular.

    3. Desaparición dalgunhas lonxitudes de onda causadas pola absorción, interferencia ou polarización, nunha radiación composta.

    4. Desaparición total dalgunha especie de ser vivo por causas naturais ou humanas.

    5. Redución do brillo dos astros causada basicamente polo po interestelar e que, polo tanto, é máxima cando se observa en dirección ao centro da Galaxia. Resulta inversamente proporcional á lonxitude de onda e, en consecuencia, a luz vermella é menos absorbida ca a azul, feito que motiva o arrubiamento interestelar.

    6. Proceso de desaparición dunha lingua, resultado dun caso extremo de contacto lingüístico, que ten lugar cando unha lingua desaparece completamente por presión doutra. Para que un idioma se extinga, acostuma producirse previamente un proceso de declive, no que se van reducindo progresivamente os falantes e os usos desa lingua, ata desapareceren completamente. Téñense proposto e utilizado diferentes claves para recoñecer e interpretar estes procesos, pero os medios utilizados varían sensiblemente dunhas comunidades e dunhas situacións a outras. Linguas como o córnico, o dálmata, o exipcio, o hitita ou o sumerio sufriron procesos de extinción lingüística. Unha das principais e máis antigas referencias do campo de estudio creado arredor deste tema constitúea a desaparición da lingua latina. Autores como Joseph Vendryes, con traballos publicados na década de 1930, inscríbense nesta liña, aínda que o campo de estudo se estableceu como tal a comezos da década de 1970. Existen varios tipos de extinción...

      1. Cesamento dos efectos dun acto ou dunha relación xurídica, ou da posibilidade de que se produzan se aínda non comezaran a facelo.

      2. extinción da relación laboral

        Cesamento definitivo dos efectos dunha relación laboral.

      3. extinción da responsabilidade penal

        Cesamento dos efectos da pena pola intervención de diferentes circunstancias posteriores á comisión do delito. As causas da extinción poden ser naturais, como a defunción do condenado, ou xurídicas, como o perdón ou a renuncia da parte ofendida (en determinados casos), a prescrición, o indulto ou a amnistía.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extirpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de extraer.

      2. Operación cirúrxica consistente en retirar ou separar un corpo estraño, unha substancia patolóxica, un órgano enfermo ou lesionado ou unha parte deste.

      3. Cálculo da raíz dun número.

      4. Acción de traer á superficie os minerais obtidos nunha mina.

    1. Orixe ou procedencia.

    2. Emisión de electróns producida polo impacto dun electrón primario incidente.

    3. Proceso de transferencia de materia entre dúas fases inmiscibles baseada na diferencia de solubilidade das substancias, que permite a separación das mesturas sólidas, líquidas ou disoltas mediante un tratamento cun disolvente. Consta de dúas etapas: en primeiro lugar poñer en contacto o disolvente co material que se quere extraer, e despois separar por decantación ou sedimentación as dúas fases resultantes. A extracción sinxela consiste en poñer en contacto todo o material con todo o disolvente. Moito máis eficaz é a extracción múltiple, que consiste en tratar sucesivamente os materiais cun certo número de fraccións de disolvente. Para separar substancias de solubilidade pouco diferentes emprégase a extracción múltiple a contracorrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto polo que un Estado entrega a un estranxeiro a outro Estado que solicitou a súa comparecencia, en virtude dunha sentenza firme ou dun procesamento contra el. Baséase en acordos de dereito internacional, dos que se exclúen os delitos militares, fiscais e políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extrapolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de extravasarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administración do sacramento da unción dos enfermos no momento da agonía ou en perigo de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO