"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Aplícase á curva que une puntos co mesmo grao de metamorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imitación exacta da escritura doutra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa no que se representa unha información a través de isoliñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Estudiou no Centro de Estudios Cinematográficos da Universidad Nacional Autónoma de México. Asistente de Manuel Álvarez Bravo, a súa obra caracterízase pola sinxeleza á hora de retratar as persoas. Recibiu o Premio Eugene Smith (1968) e o Premio do Mes da Fotografía de París. Participou na V Fotobienal de Vigo (1992) e expuxo na Gallery of Contemporary Photography de Los Angeles (1999) e no Museo de Bellas Artes de Bos Aires (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Moscova (1462-1505), fillo e sucesor de Basilio II. Unificou unha gran parte de Rusia (centralización do poder e unificación do sistema xudicial, entre outras medidas) e loitou contra Suecia, os grandes príncipes lituanos e os livonianos. Estableceu relacións diplomáticas con diversas nacións europeas e abriu o país á influencia da cultura occidental. Chamou ao arquitecto italiano Aristotile Fieravanti para refacer e embelecer o Kremlin, onde construíu a catedral da Asunción(1476-1479).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi colexial de Fonseca, catedrático de Prima de Leis (1677) e de Prima de Cánons (1678) na Univesidade de Santiago de Compostela. En 1681 nomeárono cóengo catedralicio de Mondoñedo. Posteriormente, ocupou os cargos de chantre e bispo auxiliar da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr leonés. Poeta tardío, estivo na corte de don Denís e probablemente tamén na de Afonso IV ou na do conde de Barcelos. Consérvanse 2 composicións de circunstancias da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: un pranto dedicado a don Denís, pola súa morte (1325), e unha cantiga encomiástica (1340?) dedicada a Afonso IV, en que tamén gaba o conde de Barcelos e o infante don Pedro, futuro Pedro I de Portugal. O pranto segue a métrica tradicional (decasílabos con rima abba cca), mentres que a cantiga encomiástica reflicte un esquema estrófico (heptasílabos con rima ababcdcd) que non é moi abondoso na lírica trobadoresca galego-potuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do Mont Blanc, na fronteira franco-italiana. A súa maior altitude acádase no monte Walker, de 4.209 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Moscova, Rusia (134.469 h [1995]). Situada ao NL de Moscova, fundouse en 1928.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast´ homónima, Rusia (424.000 h [1997]). É un importante núcleo industrial onde destaca a construción de vagóns, reparacións navais ou equipamento para a industria pesqueira. A cidade, practicamente nova, pois foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial, foi fundada en 1255 pola orde Teutónica. En 1457 converteuse en residencia do seu dirixente e en 1525 en capital do novo ducado de Prusia. Ocupada polos rusos (1757-1762), en 1945 intregrouse na URSS. En 1946 cambiou o seu antigo nome, Königsberg, polo actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast´ de Rusia (15.100 km2; 951.300 h [estim 1999]). A súa capital é Kaliningrad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Interveu en filmes como High Noon (1952), Mogambo (1953) ou Dial M. for Murder (1954). En 1955 obtivo un Oscar por The Country Girl. Casou con Rainiero III de Mónaco en 1956 e abandonou a carreira cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quilográmetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: quilogramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kiev 1905 - Moscova 1973) Director cinematográfico soviético. Coa aparición do cine sonoro pasou do cine experimental e vangardista de Novyj Vavilon (Nova Babilonia, 1929) ao máis puro realismo socialista, coa triloxía sobre a vida do obreiro Máximo, Junost’ Maksima (A xuventude de Máximo, 1935), Vozvrascenie Maksima (O retorno de Máximo, 1937) e Vyborgskaja storono (O barrio de Vyborg’, 1939). Tamén realizou Don Kikhot (Don Quixote, 1956) e Hamlet (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica que, ao aplicar a teoría de Fermio da emisión β permite determinar a enerxía máxima dun espectro de raios β.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1077-1095), fillo de Bela I. Sucesor do seu irmán Xeza I, acabou de cristianizar Hungría e limitou a influencia da aristocracia. Entre 1091 e 1095 anexionou Eslovenia e Croacia, onde fundou o bispado de Zagreb. Canonizado en 1192 por santo Estevo de Hungría e santo Emerico, a súa festa celébrase o 27 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1272-1290), fillo e sucesor de Estevo V. Mantivo diversas loitas internas entre as faccións da nobreza, que o levaron á perda da súa hexemonía nos Balcáns e en Galitsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular (1444-1453) e efectivo (1453-1457) de Hungría, rei de Bohemia (Ladislau I; 1440-1457) e arquiduque de Austria (1453-1457), fillo póstumo do Emperador Alberte II. Durante parte do seu reinado, János Hunyadi fíxose cargo da rexencia de Hungría, mentres que Xurxo de Poděbrady administrou Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO