Iturbide, Graciela

Iturbide, Graciela

Fotógrafa. Estudiou no Centro de Estudios Cinematográficos da Universidad Nacional Autónoma de México. Asistente de Manuel Álvarez Bravo, a súa obra caracterízase pola sinxeleza á hora de retratar as persoas. Recibiu o Premio Eugene Smith (1968) e o Premio do Mes da Fotografía de París. Participou na V Fotobienal de Vigo (1992) e expuxo na Gallery of Contemporary Photography de Los Angeles (1999) e no Museo de Bellas Artes de Bos Aires (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : México