"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Relativo e pertencente á dextrocardia.

    2. Que padece dextrocardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a diagnose dunha enfermidade.

    2. Determinar algo despois de analizar a súa situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Viviu en Brasil onde dirixiu a História da colonitzação portuguesa no Brasil. Escribiu novelas, teatro e crónicas e da súa produción destacan Paixão de Maria do Céu (1902), O grande Cagliostro (1905) e Cartas de Lisboa (1904 e 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto que contén dous grupos carbonilo na molécula. O seu comportamento depende da posición relativa dos carbonilos na cadea. Así, os compostos α- ou 1,2-dicarbonílicos forman derivados cíclicos, producen reaccións de ruptura do enlace OC-CO e a dismutación intramolecular dos carbonilos. Os compostos β- ou 1,3-dicarbonílicos presentan tautomería cetoenólica e experimentan un conxunto de reaccións específicas como consecuencia da activación do grupo metileno intermedio, por acción dos carbonilos veciños. Contrariamente, os compostos γ- ou 1,4-dicarbonílicos presentan practicamente só as reaccións propias dos grupos carbonilos illados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto que contén dous grupos carboxilo na molécula.

    2. Ácido que posúe dúas funcións carboxílicas na molécula. Cando os dous grupos carboxílicos están suficientemente próximos, o efecto indutivo que se exerce fai que a forza dun ácido dicarboxílico sexa máis grande da que cabería esperar da suma das dúas funcións carboxilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase binucleada dos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición que adoptan, ao xustapoñerse, os dous núcleos dos gametos despois da plasmogamia e antes da cariogamia, nas hifas dos micelios dos ascomicetos e os basidiomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dicarión.

    2. Relativo aos fungos binucleados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que ten dúas clases de froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Foi un membro destacado do Cinema Novo con Ganga Zumba (1962) e Os heredeiros (1969). Posteriormente, dirixiu Chuvas de verão (1978), Bye Bye Brasil (1980), Quilombo (1984) e Dias melhores virão (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid (1978-1983) e realizou estudios de gravado e debuxo (1983-1986). Traballou no Edinburg Printmakers Workshop (1986-1987). A súa obra parte do hiperralismo para presentar unha carga simbólica que aparece na captación de elementos arquitectónicos. O home está presente dun modo subliminal, xa que a súa presenza física é inexistente, pero a súa inmanencia emerxe dos seus iconos arquitectónicos como reflexo da súa acción sobre a natureza. Presenta un mundo enigmático no que se mesturan realidade e fición. Participou en mostras, entre outros países, no Reino Unido, Países Baixos, Noruega e en diversas cidades españolas. En Galicia realizou, entre outras, as mostras Visiones arquitectónicas (A Coruña, 1992) e Demasiado al este es oeste (Lugo, 1999), e participou, entre outras mostras colectivas, no III e no IV Premio de Grabado Máximo Ramos (1986-1987). Entre outras coleccións, ten obra no Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar dignidade a alguén ou a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, eséxeta e místico. Coñecido como Doctor Extático, buscou a vigorización da vida contemplativa a través do traballo intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e retórico grego. Desenvolveu a súa actividade docente e literaria en Roma, onde se instalou entre os anos 29 e 30 a C. Escribiu unha Historia primitiva de Roma, desde as orixes ata o 264 a C, que foi o complemento da obra de Polibio. Formada por vinte libros escritos en grego, que comezaron a aparecer no 7 d C, só se conservan completos os dez primeiros e parte do once. Empregou como fontes do seu relato os analistas romanos, polo que a súa obra xustifica a actuación política e militar dos romanos fronte a outros pobos, incluído o grego. Entre as súas obras destacan Carta a Ameo, Sobre os retóricos antigos, Sobre a mímese, O estilo de Demóstenes e Sobre a unión das palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dipterocarpáceas.

    2. Árbore da familia das dipterocarpáceas.

    3. Familia de plantas dicotiledóneas integrada por uns quince xéneros que reúnen preto de 600 especies de plantas leñosas, propias sobre todo de Asia tropical e África tropical. Algunhas especies de dipterocarpáceas aprécianse en carpintería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrato de carbono que deriva da condensación de dúas moléculas de monosacárido, que quedan unidas mediante un enlace glicosídico, con eliminación dunha molécula de auga. A hidrólise dun disacárido, realizada polos enzimas coñecidos como glicosidases, proporciona os monosacáridos que o constitúen. Os disacáridos son, xa que logo, os polisacáridos máis simples e poden estar formados por monómeros iguais, como a celobiosa, que é o resultado da unión de dúas moléculas de glicosa mediante enlace β(1 → 4), ou distintos, como a sacarosa, que é o resultado da condensación dunha molécula de glicosa e unha de frutosa mediante enlace α (1 → 2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir, cortar ou separar en distintas partes un vexetal ou o cadáver dun animal para o seu estudio.

    2. Preparar un animal morto para conservalo e manter a súa aparencia de vivo. O proceso consiste en quitar do seu interior os órganos susceptibles de apodrecer e reencher de novo o animal con outros materiais, como palla ou algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO