Díez Bustos, Carlos

Díez Bustos, Carlos

Pintor e gravador. Estudiou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid (1978-1983) e realizou estudios de gravado e debuxo (1983-1986). Traballou no Edinburg Printmakers Workshop (1986-1987). A súa obra parte do hiperralismo para presentar unha carga simbólica que aparece na captación de elementos arquitectónicos. O home está presente dun modo subliminal, xa que a súa presenza física é inexistente, pero a súa inmanencia emerxe dos seus iconos arquitectónicos como reflexo da súa acción sobre a natureza. Presenta un mundo enigmático no que se mesturan realidade e fición. Participou en mostras, entre outros países, no Reino Unido, Países Baixos, Noruega e en diversas cidades españolas. En Galicia realizou, entre outras, as mostras Visiones arquitectónicas (A Coruña, 1992) e Demasiado al este es oeste (Lugo, 1999), e participou, entre outras mostras colectivas, no III e no IV Premio de Grabado Máximo Ramos (1986-1987). Entre outras coleccións, ten obra no Museo Bello Piñeiro de Ferrol.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid