"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Traballou en diversas empresas para as que ideou vehículos como o eléctrico Lohner-Porsche, o automóbil de competición Auto Union, trolebuses e sistemas de transportes mixtos de gasolina e eléctricos, e diversos modelos Mercedes para Daimler e modelos de guerra para Škoda. En 1931 creou a súa propia empresa, Porsche, e en 1934 gañou o concurso para desenvolver o coche para a xente ou Volskswagen, que presentou en 1939 e que foi coñecido como o Escaravello. En 1938 converteuse nun dos directores de Volkswagen GmbH. Durante a Segunda Guerra Mundial proxectou vehículos de guerra e transporte, e á finalización da mesma foi arrestado polas forzas de ocupación francesas e asumiu a dirección da empresa o seu fillo. En 1948 lanzou o primeiro modelo Porsche, o 356.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario automobilístico, fillo de Ferdinand Porsche. Coñecido como Ferry Porsche, dirixiu a empresa familiar ao rematar a Segunda Guerra Mundial e trasladou a fábrica a Gmünd. En 1963 comercializou o modelo Porsche 911, deseñado xunto co seu fillo Ferdinand Alexander Porsche, e que fixo nacer o mito dos automóbiles desta marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Sudán, situada no NL do país, á beira do Mar Vermello (308.195 h [1993]). É o porto principal de Sudán, de onde parte o ferrocarril que a une con ‘A ṭ bara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e escritor italiano. A súa obra mestura elementos científicos, relixiosos e máxicos. Escribiu Phytognomonica (1588), en que se manifestou seguidor de Paracelso no terreo da medicina. Tamén publicou obras sobre física, como Magia naturalis e De refractione (1593), e o compendio sobre os coñecementos da época Scientiarum omnium synopsis. No ámbito literario intentou imitar a comedia latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado que porta a bandeira nunha batalla.

    2. Fita forte que se coloca ao longo do corpo e na que se introduce o gobelete do pau da bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que leva o estandarte.

    2. Soldado que portaba o vexillum no exército romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lousada (Xermade). O seu cumio acada os 572 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. A súa actividade empresarial centrouse no sector conserveiro pois creou unha fábrica de conservas en Portugal e estivo vinculado á Unión de Fabricantes de Conservas. En Vigo foi xefe local de Falange Española durante a Guerra Civil e o primeiro delegado do Estado da Zona Franca en 1947. Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi alcalde da cidade (1964-1970). Foi procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra, en representación dos municipios (1965-1967) e das familias (1967-1971), e foi deputado por Coalición Democrática (1979-1982) e por Alianza Popular (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral atlántico, situada entre a punta das Gralleiras e a enseada da Nosa Señora do Faro, na parroquia de Corme-Porto (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen leva ou porta.

    2. Corda que está tensa.

    3. Elemento arquitectónico ou escultórico que soporta o peso das cargas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nas súas obras plasmou o rico colorido e o folclore galego, sobre todo as romarías populares. Da súa produción destaca Romería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XII, conta con engadidos posteriores. Conserva un retablo barroco do XVIII no centro do presbiterio. Da súa primeira etapa románica destacan uns vans flanqueados por columnas con capiteis historiados, unha serie de canzorros no aleiro e dúas figuras de san Pedro e san Pablo na entrada ao adro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Feás (Boborás). O seu cumio acada os 835 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Perito mercantil e político. Membro do PSOE, foi concelleiro (1932) e secretario municipal na Pobra do Caramiñal, onde tamén dirixiu o xornal La lucha. Exiliouse despois da Guerra Civil Española. Presidiu o Padroado da Cultura Galega de México e colaborou na publicación Saudade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Pereiro (A Mezquita). O seu cumio acada os 1.010 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia da Vilavella (A Mezquita), situado no límite con Castela-León. O seu cumio acada os 1.262 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor Arquitecto pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1968) e catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1990, as súas obras caracterízanse polo estudo do espazo, integrando as construcións na contorna, afastándose da sección limitada e cúbica, e destacando o espazo interior. Achegou elementos diferenciadores da cultura galega, nun compromiso ético e estético, e preocupouse pola arquitectura moderna, pero respectando as formas autóctonas. Realizou múltiples obras e proxectos de planificación urbana e territorial. Destacan entre outros o plan especial de intervención no Pazo de Oca e arredores (Premio Nacional de Urbanismo, 1981), a rehabilitación da carballeira de santa Miña e novas edificacións e a súa contorna (Medalla de ouro do Consello de Europa, 1982), a rehabilitación do castelo de Soutomaior (1982), o plan especial do Camiño de Santiago na provincia da Coruña (1992), a facultade de Belas Artes e Restauración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, colaborou en Radio Pontevedra (SER) e Radio Noroeste ata a súa incorporación a Faro de Vigo, do que é subdirector. Para este xornal foi correspondente na comarca do Morrazo, xefe da área de Galicia e redactor xefe. Escribiu a biografía Johan Carballeira (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e Dereito Canónico, foi presbítero (1901), cóengo tesoureiro (1918), deán (1930) e presidente do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén catedrático no Seminario Conciliar (1901-1902; 1929-1940). O Papa Paulo VI nomeouno prelado doméstico da Súa Santidade. Escribiu Catecismo Social (1910), Don Diego de Muros, deán de Santiago, obispo de Mondoñedo y de Oviedo y de su colegio de Salamanca (1944), Anotaciones al tumbo A de la Catedral de Santiago (1949), Orígenes del culto al Apóstol Santiago en España (1953), Galicia en los tiempos de los Fonseca (1957), Origen del topónimo Compostela (1958), La Guerra de la independencia en Galicia (1964) e O Cañón de pau (1976). Foi membro correspondente da Real Academia Española, académico de número da Real Academia Galega (1941) e membro do Seminario de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Creador do Coro Gallego e da Sociedad Artística de Pontevedra, fundou tamén en Pontevedra as publicacións La Voz de Helenes e A Tía Catuxa, e colaborou en A Monteira, Galicia, O Tío Marcos e O Galiciano, ademais de exercer como correspondente de La Correspondencia de España. Escribiu Coleución de poesías gallegas dalgúns autores (1882), unha das primeiras antoloxías de poetas galegos con trinta e dous autores contemporáneos, Apuntes biográficos acerca de los Marinos Nodales, hijos de Pontevedra (1891) e Notas descriutivas sobre as romarías de Galicia (1896). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO