"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Estudou no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1862. En 1867 instalouse en Cuba, onde foi capelán do Hospital Real de San Juan de Dios. Ao longo da súa estancia en América rexeitou diversos curatos e foi tenente-vigairo da cidade de Veracruz (México), derradeiro cargo que ocupou. En 1883 regresou a Salcidos. No seu testamento, despois de facer diferentes legados, destinou parte dos seus bens á fundación en Salcidos dun hospital e asilo de pobres, convertido actualmente en Escola Taller. Publicou Sermón panegírico del glorioso patriarca San José, predicado en Santa Teresa de la Habana el último día de la novena (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Portela (Vilamartín de Valdeorras). Estruturada nunha planta rectangular cun corpo máis elevado nun vértice, o resto do edificio ten dous pisos. Conta cun patio interior cunha galería e ao arredor do patio central xira todo o edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador. Loitou para Filipe IV en Hondarribia (1638) e durante a Guerra dos Segadores nas costas de Catalunya (1641-1642). Realizou varias expedicións na península de California (1648-1651) e foi gobernador de Chile (1656-1660). Escribiu obras inéditas e Reparo a los errores de la navegación española (1634).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense. Dun estilo moi rico nas primeiras narracións (Flowering Judas, 1930), despois mantívose dentro da análise psicolóxica en Noon Wine (1937), The Leaning Tower (1944) e Days Before (1952). Recibiu o Premio Pulitzer (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña, onde foi reitor. Escribiu Púlpito e ideología en la Iglesia del s XIX (1978) e El control parlamentario del gobierno (1998). Ademais foi coautor de Las elecciones en Galicia (1982), As institucións políticas no Estatuto de Autonomía de Galicia (1988), Manual de dereito galego (1996) e La división de poderes: el poder legislativo (1998). Con R. Blanco Valdés, preparou as edicións bilingües Lexislación básica da Comunidade Autónoma de Galicia (1992) e Estatuto de Autonomía para Galicia (1998).
    Forma parte do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses desde abril de 2011 e é colaborador no diario La Opinión A Coruña. No ano 2012 foi un dos integrantes dun encontro organizado pola Universidad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado do Opus Dei. Doutor en Filosofía e Letras e en Dereito Canónico, ingresou no Opus Dei en 1935. Foi ordenado sacerdote en 1944, e secretario xeral do Opus Dei (1940-1947 e 1956-1975). En 1975, á morte do fundador, foi elixido para sucedelo. En 1982 o Papa Xoán Paulo II nomeouno prelado ao erixir en prelatura persoal o Opus Dei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Despois dunha tempada en París utilizou técnicas expresionistas e surrealistas. Nos seus murais e cadros mostrou as duras condicións da vida dos cangaceiros, campesiños, pastores e seringueiros, mediante cores vivas e frescas con liñas limpas. Evolucionou cara ao expresionismo dramático e brutal. Da súa produción destacan O traballo da terra brasileira e Xogos de nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Curra e O Pedrullo, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de cemento formado por mesturas de diversos silicatos e aluminatos de calcio, en diversas proporcións, e con pequenas cantidades de ferro e magnesio. OBS: Tamén se denomina cemento pórtland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da costa SL de Inglaterra, situada no canal da Mancha. Ten 26 km de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oregon, EE UU, no Océano Pacífico (529.121 h [2000]). Situada á beira do río Willamette, é o primeiro porto do estado e un centro industrial. Destaca como a primeira cidade do mundo na transformación da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (814 km2; 79.200 [estim 1999]). A súa capital é Port Antonio (13.200 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro e último estadio do Malm, que descansa sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano. O límite superior é dubidoso, por esta razón prefírese o seu equivalente oriental e de facies netamente mariñas, o Titoniano. O estratotipo está nas Portland Sands da illa de Portland (Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Portlandiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e promotor estadounidense. Deseñou o Hyatt Regency Hotel de San Francisco (1973), o Peachtree Center de Atlanta (1976) e o Atlanta Marriott Marquis Hotel (1985), de 55 pisos de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e guionista cinematográfico. Participou na elaboración dos guións dos filmes El bosque del lobo (1969) e Beltenebros (1992), e da serie de televisión La forja de un rebelde (1989). Escribiu a novela Los crímenes del capitán Sánchez (1983). Recibiu o Premio Nacional ao mellor guión cinematográfico (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e empresario. Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio, cursou tamén estudos de música. Foi concelleiro (1941) e alcalde (1957-1964) de Santiago de Compostela, onde tamén foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956). Presidiu o Aero Club de Santiago (1967-1970) e a Deputación da Coruña (1970-1974) e, en representación da mesma, foi procurador en Cortes (1970-1974). Fundou a editorial Porto y Cía. Editores e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988).
    Recibiu, entre outros galardóns, o título de comendador da Orde do Mérito Civil, a Cruz de Guerra e o título de concelleiro honorífico da Mancomunidade de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bendía (Castro de Rei). Trátase dun edificio de planta rectangular, formado por dous corpos de diferente altura, e con dous andares. Os muros son de cachotaría e a cuberta de lousas. En 1981 restaurouse e modificouse o interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Sor, que nace e desemboca na parroquia de Cabanas (O Vicedo).

    VER O DETALLE DO TERMO