Portero Molina, José Antonio
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña, onde foi reitor. Escribiu Púlpito e ideología en la Iglesia del s XIX (1978) e El control parlamentario del gobierno (1998). Ademais foi coautor de Las elecciones en Galicia (1982), As institucións políticas no Estatuto de Autonomía de Galicia (1988), Manual de dereito galego (1996) e La división de poderes: el poder legislativo (1998). Con R. Blanco Valdés, preparou as edicións bilingües Lexislación básica da Comunidade Autónoma de Galicia (1992) e Estatuto de Autonomía para Galicia (1998).
Forma parte do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses desde abril de 2011 e é colaborador no diario La Opinión A Coruña. No ano 2012 foi un dos integrantes dun encontro organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo sobre a Constitución española de 1812.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Burgos