"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

    1. Relativo ou pertencente ás ditiotais.

    2. Alga da orde das ditiotais.

    3. Orde de algas feofíceas de talo aplanado, constituído por unha capa central de células grosas, incoloras, e dúas capas corticais de células pequenas, ricas en plastos asimiladores. Pertence aos xéneros Dityota e Padina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas pardas, cun talo de ata 30 cm de lonxitude e dividido en láminas de marxes paralelas de 10 mm de ancho, que non presentan nervio medio. A especie D. dichotoma está presente nas costas expostas galegas. Ten propiedades antibacterianas e emprégase na alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dotar.

      1. Aquilo co que está dotado algo ou a alguén.

      2. Cantidade de cartos que se lle asigna a algunha persoa, fundación ou institución.

      3. Conxunto de persoas co que está dotada unha institución ou empresa.

      4. Conxunto de persoas ao servizo dun buque, dunha unidade policial ou militar.

    2. Conxunto de cromosomas presentes en todas as células dun organismo. A dotación cromosómica normal é constante en cada especie e varía dunha a outra. Así, nos individuos que se reproducen sexualmente, a dotación cromosómica das células sexuais está por debaixo da metade do normal. Deste xeito, o ser humano ten unha dotación de 46 cromosomas distribuídos en 23 parellas nas células somáticas (células diploides, 2n), mentres que as células sexuais só teñen 23 cromosomas (células haploides, n).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de dotar.

    2. Que ten unha certa calidade ou dote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen dota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dote.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar ou asignar un dote.

    2. Asignar rendas ou bens a algunha persoa, fundación ou institución.

    3. Fornecer algo, especialmente unha oficina, un barco ou un avión, do persoal ou material necesarios.

    4. Facer que algo ou alguén teña certos dons ou calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposto destinado á obtención de fondos para a conservación do patrimonio ambiental que grava as actividades que teñen repercusión sobre o medio ambiente. En España, a primeira ecotaxa creouna o goberno das Illes Balears, e foi aprobada polo Tribunal Constitucional en xaneiro de 2002, en relación ao ecoturismo, e que afecta ás estancias en empresas turísticas de aloxamento. A recadación obtida deste tributo destínase ao Fondo de Rehabilitación de Espacios Turísticos, que serve para remodelar e rehabilitar áreas turísticas e recuperar recursos e espacios naturais e rurais, co obxectivo de mudar o modelo turístico tradicional por outro baseado nun desenvolvemento sostible que mellore a calidade de vida de turistas e residentes, e que sexa respectuoso co medio ambiente, a natureza, o patrimonio e a cultura do lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter en pipotes o viño ou outro líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de encapotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrirse alguén con capote.

    2. Cubrirse o ceo de nubes de chuvia, normalmente cando hai tormenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado soberano, coñecido tamén como Despotado de Arta, que xurdiu na parte S do Epiro, ao crearse o Imperio Latino de Constantinopla (1204). Gobernado pola dinastía bizantina dos Ánxel (1205-1318) e polos Orsini (1315-1348), sufriu a invasión do líder albanés Carlos Thopia (1358) que estableceu unha breve dinastía ata que se reincorporou ao Imperio Bizantino (1388).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Epiro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Epiro.

    3. Dialecto do grego antigo falado en Epiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se obtén do cornizó. Utilízase como oxitócico en veterinaria e como analxésico vasoconstrictor en forma de tartrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo. Licenciado en Dereito e Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor de filosofía e metodoloxía da ciencia na UNED. A súa investigación centrouse no estudo das drogas e colaborou de forma asidua cos xornais El País e El Mundo. Entre as súas obras destacan Marcuse: utopía y razón (1969), De physis a polis: la evolución del pensamiento filosófico griego de Tales a Sócrates (1975), Historias de familia: cuatro mitos sobre el sexo y el deber (1978), Filosofía y metodología de las ciencias (1987), Historia general de las drogas (1989-1990), El libro de los venenos (1990), El espíritu de la comedia (1991), Las drogas de ayer a mañana (1994), Formación del profesorado de filosofía y de ciencias sociales (1996), La cuestión del cáñamo: una propuesta construtiva sobre el hachís y la marihuana (1997) e Caos y orden (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo atado aos puños baixos das velas, ou ao da popa nas latinas, que serve para cazar as velas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pagar a escote algo.

    VER O DETALLE DO TERMO