dotación

dotación

(< dotar)

  1. s f

    Acción de dotar.

  2. s f
    1. Aquilo co que está dotado algo ou a alguén.

      Ex: Ese hospital é dos que ten unha mellor dotación da cidade.

    2. Cantidade de cartos que se lle asigna a algunha persoa, fundación ou institución.

      Ex: Cando morreron os seus pais o Estado asignoulle unha dotación mensual.

    3. Conxunto de persoas co que está dotada unha institución ou empresa.

      Ex: A dotación de persoal nesta empresa é insuficiente.

    4. Conxunto de persoas ao servizo dun buque, dunha unidade policial ou militar.

      Ex: A dotación dos barcos viuse reducida por mor da guerra.

      Confrontacións: tripulación.
  3. dotación cromosómica [XEN]

    Conxunto de cromosomas presentes en todas as células dun organismo. A dotación cromosómica normal é constante en cada especie e varía dunha a outra. Así, nos individuos que se reproducen sexualmente, a dotación cromosómica das células sexuais está por debaixo da metade do normal. Deste xeito, o ser humano ten unha dotación de 46 cromosomas distribuídos en 23 parellas nas células somáticas (células diploides, 2n), mentres que as células sexuais só teñen 23 cromosomas (células haploides, n).