dotación
(< dotar)
-
s
f
Acción de dotar.
-
s
f
-
Aquilo co que está dotado algo ou a alguén.
Ex: Ese hospital é dos que ten unha mellor dotación da cidade.
-
Cantidade de cartos que se lle asigna a algunha persoa, fundación ou institución.
Ex: Cando morreron os seus pais o Estado asignoulle unha dotación mensual.
-
Conxunto de persoas co que está dotada unha institución ou empresa.
Ex: A dotación de persoal nesta empresa é insuficiente.
-
Conxunto de persoas ao servizo dun buque, dunha unidade policial ou militar.
Ex: A dotación dos barcos viuse reducida por mor da guerra.
Confrontacións: tripulación.
-
-
dotación cromosómica
[XEN]
Conxunto de cromosomas presentes en todas as células dun organismo. A dotación cromosómica normal é constante en cada especie e varía dunha a outra. Así, nos individuos que se reproducen sexualmente, a dotación cromosómica das células sexuais está por debaixo da metade do normal. Deste xeito, o ser humano ten unha dotación de 46 cromosomas distribuídos en 23 parellas nas células somáticas (células diploides, 2n), mentres que as células sexuais só teñen 23 cromosomas (células haploides, n).