"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de prata, postas en pao, e, segunda partición, en campo de azul, cunha onza rampante, ao natural; bordo de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, tres escudiños de goles, co xefe de prata, mal ordenados. Outros levan, en campo de ouro, cinco bandas de goles; bordo de goles con trece aspas de ouro.
-
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Adina (concello de Sanxenxo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extremo dun cigarro que xa non se fuma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio interior dun recipiente, dun local ou de calquera continente.
-
-
Conxunto de cóengos dunha catedral ou dunha igrexa colexiada.
-
Reunión ou asemblea de cóengos.
-
Lugar no que se xuntan os cóengos.
-
Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros.
-
Asemblea dalgunhas confrarías.
-
Corporación local de cada unha das sete illas da Comunidad Autónoma de las Islas Canarias, que ten unhas funcións similares ás das deputacións provinciais nas provincias peninsulares españolas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de caber.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe castelá que pasou a Galicia. As armas da rama galega levan escudo partido: a primeira partición, en campo de goles, con tres faixas de ouro, e a segunda partición, en campo de azul, cun castelo de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das organizacións tribais dos beduínos ou dos bérberes, principalmente as dos habitantes do Magreb, na rexión do Atlas.
-
-
Conxunto de cóengos dunha catedral ou dunha igrexa colexiada.
-
Reunión ou asemblea de cóengos.
-
Lugar no que se xuntan os cóengos.
-
Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros.
-
Asemblea dalgunhas confrarías.
-
Corporación local de cada unha das sete illas da Comunidad Autónoma de las Islas Canarias, que ten unhas funcións similares ás das deputacións provinciais nas provincias peninsulares españolas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das comarcas montañosas da metade oriental do N de Alxeria, entre a planicie da Mitidja ao O, a chaira de Bona ao L, o Mediterráneo ao N e os altiplanos de Alxer e Constantina ao S. Divídese en catro partes: a Gran Cabilia, a Pequena Cabilia, a Cabilia de Collo e a Cabilia Oriental. A Gran Cabilia é un macizo montañoso, constituído por terreos calcarios que limita ao O co val do río Isser e ao L e SL co val do río Soummam-Sahel. É unha das áreas máis poboadas de Alxeria e está habitada por bérberes sedentarios que practican unha agricultura primitiva e pobre. A capital da Gran Cabilia é Tizi Ouzou. A Gran Cabilia é a que conserva de xeito máis puro a lingua e os costumes bérberes. A Pequena Cabilia está formada polo hinterland de Bougie. Trátase dunha comarca moi arabizada, cunha alta densidade de poboación. A paisaxe está dominada por grandes bosques, onde o cultivo de cebada e a gandería son a base da súa economía. A Cabilia de Collo situada ao N da cadea...
-
-
Pecho que consiste nun gancho metálico, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira, arredor da que xira, para pechar portas ou ventás.
-
Peza de madeira ou de metal na que se enrolan as cordas de certos instrumentos para tensalas.
-
Pao de madeira torneada que se coloca no cavilleiro e que serve para amarrar os cabos de manobra.
-
Barra que se usa para unir as pezas de construción dun barco.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha cabila ou aos cabilos.
-
Individuo pertencente a unha cabila.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Cabilia ou aos seus habitantes.
-
Individuo dun pobo bérber que habita na rexión de Cabilia.
-
Pobo bérber pertencente á rexión de Cabilia. Componse de agricultores e pastores sedentarios que habitan en vilas formadas por casas agrupadas cun só teito e divididas en clans rivais (soffs). No pasado estiveron asociados en confederacións de tribos; o seu nome, Taqbailit, denominaría a rexión. Sometidos a unha forte influencia árabe, os habitantes da Gran Cabilia manteñen a lingua bérber.
-
-
-
CIDADES
Cidade de Venezuela, no estado de Zulia, na beira oriental do lago de Maracaibo (290.224 h [1996]). É un núcleo produtor e refinador de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cámara ou espacio, xeralmente de dimensións reducidas, illado do resto dunha instalación, vehículo ou aparato desde o que unha ou máis persoas exercen o mando sobre algún mecanismo. Como exemplos cómpre destacar a cabina de control destinada ao control dos sinais e das agullas nos ferrocarrís, ou a cabina de gravación ou de proxección empregada en estudios, salas de audición ou en salas cinematográficas. No que respecta a vehículos ou aparatos, fálase da cabina dun camión, dun avión, dunha astronave, dun ascensor, etc.
-
Local, xeralmente de pequeno tamaño, acondicionado para cambiarse de roupa.
-
Cámara pequena destinada a dormitorio ou espacio habitable dunha embarcación. Algúns iates de grandes dimensións dispoñen de cabina de proa, salón e cabina de popa.
-
Parte habitable dun avión destinada á pasaxe.
-
Caseta ou compartimento que ten no seu interior un teléfono público, situado en locutorios ou na vía pública.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (7.270 km2; 199.000 h [estim 1996]). Constitúe un enclave costeiro, ao N da desembocadura do río Congo. A súa capital é Cabinda (21.124 h [1996]). A produción de petróleo (600.000 barrís de cru diarios en 1997), o cacao e o aceite de palma son a base da súa economía. Cabinda é o escenario dun conflito armado dende 1975 entre as Forzas Armadas angolanas e as dúas guerrillas autóctonas: a Fronte de Libertação de Cabinda-Forças Armadas de Cabinda (FLC-FAC), liderada por Henrique Tiago Nzita, que opera na selva de Maiombe, e a Fronte de Libertação do Enclave de Cabinda-Renovado (FLEC-R), comandada por Josê Tiburcio Luemba, no norte do río Chiloango. Os antecedentes históricos deste conflito remóntanse ao Tratado de Simulambaco, asinado o 1 de febreiro de 1885 entre a monarquía cabindesa e Portugal, En virtude deste tratado, Cabinda quedaba baixo a protección de Portugal que se comprometía a manter a independencia e integridade territorial do país africano. Non...
-
PRAIAS
Praia e punta da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Xobre, concello da Pobra do Caramiñal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana realizada entre 1913 e 1914. Foi dirixida por Giovanni Pastroni e interpretada por Lydia Quaranta, Itala Almirante, U. Mazzto e B. Pagano. O argumento desenvólvese ao redor de Cabiria, unha rapaza raptada por Cartago onde vai ser sacrificada ao deus Baal. Salvada por un patricio romano e polo seu escravo Maciste, reciben a axuda da raíña Sofronisba. Os especialistas, os decorados e as novidades visuais e técnicas, converteron este filme nun clásico do cine italiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asos gregos dos ss V-IV a C procedentes do santuario dos misterios dos Cabiros, de figuras negras e fondo amarelo. A súa decoración, vexetal e caricaturesca, está inspirada nestas divindades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de divindades da mitoloxía grega, seguramente de procedencia frixia, que personifican as forzas da natureza. Recibían cultos de carácter misterioso en Samotracia, onde tamén eran denominadas grandes deusas, Lemnos, Mileto, Pérgamo e Tebas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cogomelo comestible, parecido ao champiñón.