"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Que é doado para camiñar ou moi transitable.

    2. Que anda moito.

    3. Tipo de carriño con rodas empregado para aprenderlle aos meniños os seus primeiros pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. Relacionados con esta caste están os Andado, Andeiro, Andexo e Andadeiro. As súas armas levan, sobre campo de azur, un andadiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de andar.

    2. Transitado habitualmente.

    3. Dise da experiencia que xa se viviu ou dunha materia que se domina.

    4. Moi gastado debido ao uso.

    5. Persoas vellas ou de moita idade.

    6. Aplícase a certos procesos que se encontran en estado avanzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta moito andar ou camiñar.

    2. Aparello co que aprenden a andar os meniños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xeito de moverse unha persoa ou un animal calquera durante a marcha.

    2. Maneira rítmica de andar as cabalerías.

    3. Acción de percorrer unha distancia ou traxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño longo, que se tarda moito en percorrer ou que é moi dificultoso.

    2. Tempo ou espazo que ocupa a duración dunha cousa.

    3. Tarefa, empresa incerta ou de difícil realización.

    4. Grupo de persoas que acadan un título ou posición na mesma quenda.

    5. Conxunto de persoas que teñen os mesmos anos ou que naceron na mesma época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de pensamento e crítica feminista creada polas organizacións que formaron a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas (CNOF). Naceu a finais de 1982. Nunha primeira fase (1982-1993), editaron 24 números regulares e tres extraordinarios cuns contidos moi ligados ás campañas e debates das organizacións que lle deran pulo. Nesta época incluía o subtítulo de “Revista do movimento feminista”. Nunha segunda etapa, que continúa baixo o epígrafe “Revista Galega de Pensamento Feminista” e un formato de novo deseño, aborda temas de información e reflexión feminista máis diversos que na etapa anterior. A diferenza da primeira época, non mantén ningún vencello organizativo directo, contando con colaboradoras que traballan en distintos eidos da vida social, política e cultural. No seu consello de redacción figuran entre outras Ana Arellano, Nanina Santos e Berta Rey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘alpargatas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma do estado español, situada ao sur da Península Ibérica (87.268 km2; 7.234.873 h [1996]).
    A xeografía física
    Andalucía é unha das rexións exteriores á Meseta; só penetra polo norte no zócolo herciniano, que lle pertence no seu extremo meridional. Resulta, así, un típico relevo mediterráneo, de extrema variedade pola súa orixe alpina, pola súa estrutura e pola súa morfoloxía. De N a S distínguense tres unidades de relevo: a Sierra Morena, a Depresión Bética e as Cordais Béticos. Todo o conxunto gaña gradualmente altitude de O a L e de N a S, acadando a máxima altitude no extremo SL, en Sierra Nevada (3.481 m no Mulhacén, máxima altitude peninsular). A Sierra Morena, ao N, é un cordal esgrevio aínda que de altitudes máis ben modestas (serra Madrona, 1.323 m) que constitúe o límite S da Iberia herciniana. Máis ao S, pero lixeiramente desprazada ao O, a Depresión Bética é unha ampla e triangular fosa alpina de orixe tectónica rechea de sedimentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de andaluz.

    2. Idiotismo peculiar na fala dos andaluces.

    3. Palabra ou modismo lingüístico propio do andaluz introducido nunha lingua peninsular, especialmente no castelán, por exemplo juerga.

    4. Movemento político que reivindica algunha forma de autogoberno para Andalucía. Xurdiu de elementos da pequena burguesía federal, intelectuais e profesionais opostos á gran burguesía oligárquica e centralista andaluza. Xa en 1883 a Asemblea de Antequera aprobou un proxecto de Constitución para Andalucía. Blas Infante publicou El ideal andaluz (1915), decantado cara á esquerda. No ano 1918, o Congreso de Ronda fixou a bandeira, o himno e o escudo de Andalucía e, no 1930, o Infante creou a Xunta Liberalista, que se esforzou inutilmente por tratar de sacar adiante un Estatuto de Autonomía. En 1973 naceu a Alianza Socialista de Andalucía, que daría lugar ao Partido Socialista de Andalucía. O andalucismo foi asumido polos diferentes partidos do ámbito político andaluz dende o 1977 e, en 1981, foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da Península Ibérica incorporado ao mundo islámico entre os ss VIII e XV. O termo árabe Al-Andalus foi utilizado polos escritores árabes medievais para referirse ao territorio da Península Ibérica sometido ao dominio musulmán. O territorio que designa non é sempre o mesmo posto que, a medida que a conquista cristiá progresaba, designaba nada máis que a zona aínda dominada polo Islam, e rematou referíndose unicamente ao Reino de Granada. A conquista da Península comezou no 711, despois dun desembarco de exploración no ano 710. No prazo de sete anos apoderáronse de toda a Península e de parte das terras da outra banda dos Pireneos. Pouco despois acadaron o límite máximo da súa expansión, na rexión de Poitiers, onde os deteu Carlos Martell no ano 732. Aínda que tradicionalmente se ten falado de invasión árabe, os invasores foron en grande parte bérberes. Os bérberes mesturáronse decontado cos hispanos que se someteron facilmente posto que, ao convertérense como muladís,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade semestral. Fundárona, en 1933, Miguel Asín Palacios e Emilio García Gómez co gallo de estudar a cultura musulmá na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Natural de Al-Andalus.

      2. Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.

    1. Habitante de Al-Andalus.

    2. Arte desenvolvida en Al-Andalus. Tivo unhas características propias dentro da arte do Islam, malia que seguiu as súas directrices fundamentais e mantivo estreitas relacións cos núcleos creadores orixinais en Siria. A finais do s VIII iniciouse a construción da mesquita de Córdoba, que se afasta das orientais e presenta novas solucións arquitectónicas. A amplicación desta mesquita no s IX, promovida por ‘Abd al-Rahmán II, e monumentos como a mesquita de Tudela (Navarra), amosan xa unha forte evolución estética. O s X representou a culminación artística da época chamada califal, seguida do período das Taifas (s XI), que mostra a diversidade da arte islámica peninsular, particularmente en Toledo (Mezquita do Cristo da Luz), Zaragoza (Palacio de la Aljafería), Málaga, Granada, Almería e Xátiva. Os almorábides (1090-1150?) achegaron diferentes novidades na estrutura das súas mesquitas e semellan ser desta época os restos dun pequeno Palacio en Monteagudo (Murcia). Son escasos os monumentos...

    3. Literatura árabe de Al-Andalus. A partir do s XI conxugou diversos estilos individuais, que lle deron fisionomía propia no marco da literatura árabe. Na poesía atópanse dúas tendencias: a clásica e a popular. A poesía clásica tiña unha soa forma estrófica, a casida. Mal coñecida nos dous séculos iniciais de formación, aparece xa perfecta no s X, no que viviu ibn Darrāǧ al-Qastallī, un dos mellores poetas andalusís. O momento do máximo apoxeo sitúase no s XI coa academia literaria de Sevilla, encabezada polo rei-poeta Mu’tamid ibn ‘Abbā. A chegada dos almorábides significou o declive da poesía clásica, pero a escola levantina acadou un resplandor extraordinario cos paisaxistas ibn Hafāǧa de Alzira e o seu sobriño ibn al-Zaqqāq. No s XIII, a decadencia da poesía foi case total, agás casos illados como foron Ibrā-hīm ibn Sahl e ibn Marǧ al-Kuhl de Alzira. O último gran poeta foi al-Qaysī, prisioneiro dos Reis...

    4. Música desenvolvida en Al-Andalus. Foron famosos os cantores e instrumentistas orientais que actuaban na Corte dos omeias, pero o pulo musical decisivo débese a Ziryab, poeta e filósofo de Bagdad, que chegou a Córdoba no 822. Foi o creador da escola andalusí, que deu algúns teóricos importantes, e dun repertorio con catro modos fundamentais e os seus derivados, que deron orixe ás 24 nuba andalusís, forma paralela das grandes suites vocais instrumentais. No s X, a Corte omeia resplandeceu cun gran luxo musical. Os instrumentos máis usados foron o laúde e a guitarra mourisca. Ao se descompoñer o Imperio, case todos os Reinos de Taifas tiveron conxuntos de músicos e cantantes. Durante os cinco séculos de permanencia na Península Ibérica, a evolución estrófica da música andalusí mostrou un retorno ás formas populares autóctonas, coñecidas como: a moaxakha (do s IX) e o zaxal (do s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Andalusiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo nivel e Idade do Mioceno Superior mariño situado sobre o Tortoniense e baixo o Plioceno Inferior. O estratotipo atópase nas proximidades de Carmona e ao N de Villanueva del Río (Sevilla) ( Mesiniense).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

      2. Natural de Andalucía.

    1. Habitante de Andalucía.

    2. Dialecto do castelán formado a raíz do repoboamento realizado polos colonizadores de León e de Castela no sur da Península Ibérica dende o s XIII. O vocalismo comprende unhas vocais abertas, provocadas pola aspiración do -s do plural, opostas fonoloxicamente ás pechadas: ([‘peso] pes; [‘pEsO] pesos). O consonantismo caracterízase pola aspiración do f- no andaluz occidental, a alternacia do ceceo co seseo, a extensión do yeísmo, a confusión do -l e do -r implosivos (sarto, salto; olol, olor), a aspiración do s implosivo (fiehta, fiesta).

    3. Arte desenvolvida na zona meridional da Península Ibérica despois da colonización castelá. O territorio que máis tarde sería Andalucía tivo un papel moi importante na evolución da arte na Península Ibérica xa na Prehistoria e tamén na Época Romana e durante o Islam. A arte andalusí prolóngase no estilo mudéxar. Malia que o Románico e o Gótico foron pouco importantes, cómpre salientar no Gótico a catedral de Sevilla, construída sobre a vella mesquita logo da conquista cristiá da cidade. Foi no s XVI, coas posibilidades económicas da conquista de América, cando se crearon as escolas de Sevilla, Granada e Córdoba, as tres coincidentes na difusión do Renacemento italiano, con arquitectos como Diego de Siloé, Andrés de Valdevira e Pedro Machuca. A escultura e a pintura floreceron no s XVII, con escultores como Martínez Montañés e Alonso Cano e pintores como Zurbarán, Murillo, Valdés Leal, etc. No s XVIII só sobresaíu a arquitectura, con solucións barrocas, estruturais e decorativas...

    4. Música desenvolvida en Andalucía. A primeira noticia sobre música andaluza provén dos Epigramas de Marcial, nos que se comenta o xeito de tocar as castañolas (crusmata). A mediados do s VI Sevilla foi un centro musical importante, no que se distinguiron Leandro e Isidoro e, a mediados do s VIII, coincidindo coa dominación árabe, Córdoba converteuse nunha cidade de vida musical moi refinada que mantivo o seu esplendor ata o s XI. Foi, sen embargo, a finais do s XV cando naceu a escola polifónica andaluza con Pedro Escobar, Fernando de Peñalosa, Fernando de Contreras, Juan Vázquez, Pedro F. de Castilleja, Juan Navarro e os irmáns Rodrigo e Francisco Ceballos. As figuras de máis relevo da escola andaluza son Cristóbal de Morales, Francisco Guerrero e Fernando de las Infantas. A música andaluza dos ss XV e XVI conservouse no Cancionero de Palacio, no Cancionero de Medinaceli e noutras coleccións da época. No eido da teoría musical cómpre mencionar a Bartolomé...

    5. Raza mediterránea de galiñas integrada por exemplares de cor gris un pouco abrancazados, moi rústicos, que poñen poucos ovos pero moi grandes.

    6. Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

    7. Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos; famosos como animais de sela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da India (8.249 km2; 322.000 h [1994]). Formado polas illas Andaman e, dende o 1952, tamén polas illas Nicobar. A capital é Port Blair.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago, no océano Índico, que forma parte do territorio de Andaman e Nicobar, India. As illas (máis de 200 aliñadas de N a S) son os cumios dunha cadea montañosa afundida, continuación do cordal do Arakan de Myanmar (antigamente chamado Birmania). Quedan nas illas uns poucos nativos, chamados negriños. Port Blair, na illa Dakshin, é a cidade principal que funciona como centro de comunicación do grupo insular.

    VER O DETALLE DO TERMO