"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • GALICIA

    Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante. Condottiere ao servizo da Santa Sé e doutros príncipes, controlou o goberno de Xénova. Despois de someter a rebelión de Córsega (1503-1506), organizou a mariña xenovesa e obtivo importantes vitorias contra os corsarios africanos no Mediterráneo. Colaborou con Francisco I de Francia na defensa da cidade ante as tropas de Carlos V (1527), pero despois pasou ao servizo do emperador. Reorganizou a vida política xenovesa e instaurou un goberno oligárquico estable, pero conservou as institucións republicanas. Recibiu os títulos de príncipe de Melfi (1531), marqués de Tursi, gran protonotario hereditario do Reino de Nápoles (1555) e almirante da flota española no Mediterráneo. Dirixiu unha expedición a Tunes (1535) e outra a Alxer (1541). Consolidou o seu poder en Xénova e converteu os xenoveses nos principais banqueiros e comerciantes de España. Despois de reprimir unha nova rebelión, deixou os seus estados a Gian Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arquitectura e da xardinería. Especializouse no estudo das casas de campo e da xardinería. Creou a revista The horticulturist dende a que promoveu a agricultura científica. Planificou, entre outros, os xardíns para o Capitolio e a Casa Branca. Foi autor, entre outras obras, de Treatise on the Theory and Practice of Landscape Gardening, Adapted to North America (Tratado sobre a teoría e a práctica da xardinería paisaxista, adaptado a Norteamérica, 1841), Cottage residences (Casas de campo, 1842) con A. J. Davis e The architecture of country houses (A arquitectura das casas de campo, 1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Trasladouse a España, onde foi escultor de Filipe V. Traballou nos xardíns do Palacio Real de La Granja de San Ildefonso e no Palacio Real de Madrid. Entre as súas obras destacan as estatuas de Apolo e Dafne en La Granja. Dirixiu a xunta que creou a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán Hubert Dumandré (Trency 1701 - Madrid 1781), traballou en La Granja, onde realizou os sepulcros de Filipe V e Isabel de Farnesio. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo francés, fillo de Alexandre Davy de la Pailleterie Dumas. A súa novela La Dame aux camélias (A dama das camelias, 1848), que adaptou ao teatro en 1852, responde á estética do romanticismo, o mesmo que Docteur Servans (Doutor Servans, 1849), Tristan le Roux (Tristán o Rubio, 1850), Trois hommes forts (Tres homes fortes, 1851) ou L’affaire Clemenceau (O asunto Clemenceau, 1866). Non obstante , a súa produción dramática encádrase no realismo costumista e trata temas morais matizados por un humanismo liberal, en obras como Diane de Lys (1853), Le demi-monde (O medio-mundo, 1855), La question d’argent (A cuestión económica, 1857), Le fils naturel (O fillo natural, 1858), Un père prodigue (Un pai pródigo, 1859), Le suplice d’une femme (O suplicio dunha muller, 1865), Les idées de Madame Aubray (As ideas da señora Aubray, 1867), Une visite de noces (Unha visita de vodas, 1871), La princesse Georges (A princesa Georges, 1871) e La femme de Claude (A muller...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Foi o primeiro que introduciu os traballos de laboratorio dentro do ensino. Os seus tratados conteñen unha gran cantidade de información sobre procedementos técnicos. Entre os seus traballos cómpre sinalar unha serie de investigacións, a miúdo coa colaboración de Boussingault, sobre a composición ponderal do aire, as fermentacións alcohólicas e lácticas, a descomposición do sangue e a interrelación entre os metabolismos vexetal e animal. Onde deixou unha pegada máis forte foi no apartado da química orgánica, cos seus traballos sobre a urea, o ácido benzoico e o método para a determinación da densidade de gases que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e ilustrador francés. Realizou óleos, acuarelas, debuxos e gravados e cultivou a paisaxe, o bodegón e a figuración. A súa obra evolucionou dende unha primeira influencia cubista cara ao naturalismo. Realizou ilustracións de libros e decorados de teatro e ballet. Participou no Salon d’Automne de 1910 coa obra Les buveurs (Os bebedores) e no Salon des Indépendants de 1911. Entre as súas obras cómpre salientar Paysage de Saint-Tropez (Paisaxe de Saint-Tropez, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Profesor en París de filoloxía hebraica e de historia do antigo Oriente, transcribiu e comentou os manuscritos do Mar Morto. Entre as súas obras destacan Livre des hymnes découverts près de la mer Morte (Libro dos himnos descubertos preto do Mar Morto, 1957) e Écrits esséniens découverts près de la mer Morte (Escritos esenios descubertos preto do Mar Morto, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Destacou polas súas novelas de estilo realista e polas súas obras teatrais de influencia ibseniana. Da súa produción destaca Almue (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Nacionalizado estadounidense en 1937, fundou en Nova York unha escola que leva o seu nome (1955) e unha compañía de ballet (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta letón. É autor de Dievs, tava zeme deg (Deus, a túa terra arde, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PCE, do PSOE e da UCD, foi director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia na etapa preautonómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. En 1855 graduouse na École Centrale des Arts et Manufactures de París. En 1856 comezou a traballar con Charles Nepveu, director dunha compañía dedicada á fabricación de maquinaria ferroviaria. Dirixiu as obras da ponte metálica sobre o Garonne en Bordeos (1858) e en 1866 fundou a súa propia empresa coa que construíu, entre outras, a ponte Maria Pia sobre o Douro en Porto, inaugurada en 1877. Elaborou, entre outras obras, os viadutos de Tardes, Cuzbac e Garabit, a estación ferroviaria do Staatsbahn (Budapest), os pavillóns das exposicións de 1876 e 1878 de París, a cúpula do observatorio de Nice e a armadura interna da Estatua da Liberdade de Nova York (1881-1882). Con motivo dunha nova exposición universal, erixiu en París a torre que leva o seu nome. Participou nos traballos de construción do canal de Panamá dende 1887 ata a quebra da compañía en 1889. Fundou o laboratorio aerodinámico de Auteil en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Discípulo de Nebrija, doutorouse en Teoloxía na Universitat de València, onde foi catedrático de Filosofía (1515-1523) e promoveu a renovación dos métodos de ensino. Amigo e correspondente de Lluís Vives, deixou inéditos comentarios sobre obras de, entre outros, Séneca, Plinio e Valerio Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e lingüista. Exerceu o seu labor pastoral entre os araucanos en Chile. Publicou unha gramática do araucano (Arte de la lengua general del reino de Chile, 1764). Coa a expulsión dos xesuítas dos dominios da Coroa española (1767), refuxiouse en Italia, onde publicou, en defensa da Compañía de Xesús, Memoria católica (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, fillo de Lyonel Feininger. Trasladouse a Alemaña e estudiou arquitectura con Walter Gropius na Weimar Bauhaus (1922-1925). En 1932 exerceu como asistente de Le Corbusier en París. Despois dunha etapa como fotógrafo independente en Estocolmo, en 1939 trasladouse a Nova York e comezou a traballar na axencia Black Star e na revista Life. Dende 1942 foi correspondente de guerra e fotógrafo da oficina de información dos EE UU. Permaneceu en Life ata 1962, ano en que novamente desenvolveu o seu labor como fotógrafo independente. Expuxo a súa obra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e na George Eastman House de Rochester. Escribiu The Face of New York (1954) e Die Welt neu gesehen (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoterpeno monocíclico que existe en dúas formas opticamente activas. Está presente nos aceites esenciais do fiúncho, do eucalipto, do limón e da menta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arte e arquitecto francés. A súa obra máis representativa é Entretiens sur les vies et les ouvrages des plus excellents peintres anciens et modernes (Conversacións sobre as vidas e as obras dos máis excelentes pintores antigos e modernos, 1666-1688).

    VER O DETALLE DO TERMO