Dumas, Alexandre Davy de la Pailleterie
Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña Margot, 1845), Vingt ans après (Vinte anos despois, 1845), Bâtard de Mauleon (Bastardo de Mauleon, 1846-1847), Le vicomte de Bragelonne (O vizeconde de Bragelonne, 1848-1850), Le collier de la reine (O colar da raíña, 1849-1850), La tulipe noire (O tulipán negro, 1850) e Le page du duc de Savoie (O paxe do duque de Savoia, 1855). Realizou tamén as adaptacións teatrais de diversas novelas súas, como Le comte de Monte-Cristo ou Les trois mousquetaires. Entre 1852 e 1854 publicou Mes mémoires, varios volumes de memorias en que tamén analiza a súa traxectoria e o seu ideario artístico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Villers -
Deceso
Lugar : Cotterêts, Aisne -
Deceso
Lugar : France