"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Corda da zanfona que fai un baixo continuo, un pouco máis agudo que no bordón. É de tripa e está recuberto, aínda que o seu diámetro é un pouco menor. Emite sempre unha quinta respecto da nota dominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Tiziano en Venecia, aínda que o abandonou cedo por desavinzas co seu mestre. Nun estilo influído por Giorgione, realizou escenas mitolóxicas e pastorís que lle deron notable popularidade no seu tempo. Traballou para os Fugger en Augsburgo e para o Rei de Polonia. Da súa produción salienta Dafnis e Cloe e A presentación do anel de San Marcos ao Dux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crego que porta bordón nas funcións relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Estudiou, baixo o mecenado de Alessandro e Benedetto Marcello, con Michelangelo Gasparini. Debutou en Venecia en 1716 con Ariodante, de Carlo Francesco Pollarolo. En 1723 interpretou Griselda de Pietro Torri en Múnic. Mantivo unha rivalidade con Francesca Cuzzoni. Casou co compositor Johann Adolf Hasse e instaláronse en Dresden, onde ela representou as súas óperas. Deixou os escenarios en 1751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de sinople, un bordo entre leiras.

    2. Extremo onde remata un obxecto.

    3. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo onde remata un obxecto.

    2. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. Peza fundamental que bordea o campo do escudo, tendo de anchura a sexta parte do mesmo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das divindades aladas nacidas de Bóreas, concretamente Cálais e Zetas. Como seu pai, eran deuses dos ventos, e a súa característica principal era a velocidade. Segundo uns autores tiñan ás nos talóns, e segundo outros no lombo. Tomaron parte na expedición dos argonautas loitando contra as harpías, que perseguían o Rei Fineo. Parece que morreron a mans de Heracles.

    2. Relativo ou pertencente aos boréades ou ás boréades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Do norte, relativo ou pertencente ao setentrión.

    2. Aplícase a todo o que se atopa no norte da esfera terrestre ou próximo ao Polo Norte, á rexión ártica.

    3. Para algúns fitoxeógrafos, territorio da taiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén é coñecido o Océano Ártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase climática holocena que se desenvolve entre 8700-8000 BP. Caracterízase por un clima cálido e seco que favorece o desenvolvemento do piñeiro primeiro e das abeleiras despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento do norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus do vento do norte. Divindade alada que, segundo a mitoloxía grega, era fillo de Astreo e de Eos (a Aurora). Represéntase como un vello vestido cunha túnica flotante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os peixes fósiles do xénero Boreaspis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes fósiles da orde dos osteostráceos, de principios do Devónico. Acadaban ata 13 cm de lonxitude, tiñan o rostro alongado e presentaban coirazas frontais triangulares e longas protuberancias óseas aos lados da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico. Atacou as institucións vixentes con Champavert (1833) e Madame Putiphar (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera conxunto que poida ser obtido a partir dunha colección numerable de conxuntos abertos ou pechados na recta real mediante unha serie numerable de operacións de unión, de intersección ou de compleción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, epistemólogo e político francés. Profesor na Universidade da Sorbonne e na École Normale Supérieure de París a partir de 1903, director do Institut Henri Poincaré (1927) e membro da Académie des Sciences dende 1921. Formulou a base da moderna teoría da integración. Fundador dunha Collection de monographies sur la théorie des fonctions (Colección de monografías sobre a teoría das funcións, 1898), deu fundamento á integral de Lebesgue ao conseguir estender a noción de medida nos conxuntos, e obtivo a existencia de funcións monóxenas non analíticas. O Traité du calcul des probabilités et de ses applications (Tratado do cálculo de probabilidades e as súas aplicacións, 1925) introduciu novas nocións no cálculo de probabilidades e defendeu o empirismo matemático. Foi deputado socialista por Avairon (1924) e ministro de Mariña en dous gabinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo topolóxico E, tribo xerada polos abertos de E. Na recta real R, tribo xerada por todos os intervalos abertos de R. Tamén se coñece como tribo boreliana ou σ -álxebra de Bole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema referente á intersección E dunha infinidade numerable de sucesos Ei, de probabilidades respectivas Pi, que establece que se a serie ΣPi converxe, a probabilidade que se realice unha infinidade destes sucesos Ei é nula. Se, ademais, estes sucesos son independentes dous a dous, a converxencia da serie é non só suficiente, senón tamén necesaria.

    VER O DETALLE DO TERMO