Borel-Cantelli, teorema de
Borel-Cantelli, teorema de
[MAT]
Teorema referente á intersección E dunha infinidade numerable de sucesos Ei, de probabilidades respectivas Pi, que establece que se a serie ΣPi converxe, a probabilidade que se realice unha infinidade destes sucesos Ei é nula. Se, ademais, estes sucesos son independentes dous a dous, a converxencia da serie é non só suficiente, senón tamén necesaria.