"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

      1. Forma de goberno na que o poder (kratos ‘dominio’) reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe, poder económico ou circunstancias persoais (moralidade, intelixencia, nivel cultural, heroicidade e esforzos pola comunidade, etc), identificados como os mellores (aristoi). O concepto, de cuño aristotélico, defínese como o ‘goberno de máis dun’, e distingue entre aristocracia, na que a finalidade que dirixe o goberno é a procura do ben xeral, e a aristocracia impura ou oligarquía, na que o goberno se dirixe ao ben particular. Stricto sensu, denomínase deste xeito a forma de goberno da sociedade grega da época Arcaica. O poder estaba en mans de terratenentes constituídos en castes hereditarias, como consecuencia tanto dos feitos bélicos causados polas invasións dorias como por afortunadas acumulacións de propiedades. Aínda que a natureza desta forza se alicerzaba no económico e no militar, a xustificación do seu poder era moral:...

      2. aristocracia obreira

        Concepto cuñado por E. Hobsbawn. Aplícase ao segmento especializado da clase obreira británica nos ss XIX e principios do XX nas industrias básicas, distinto económica e culturalmente do resto da masa obreira, que deu lugar aos dirixentes do movemento sindical.

    1. Estamento nobre.

    2. Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1920 subtitulado “Órgano de la Sociedad Patronal y defensor del Comercio y de la Industria”. Mantivo numerosas polémicas con xornais republicanos, agraristas e socialistas deses anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo agostiño. Discípulo de Abelardo en París, foi condenado xunto a el no Sínodo de Sens (1140) polas súas doutrinas sobre a moralidade das accións. Anteriormente (1139), o Segundo Concilio de Letrán condenárao polas súas prédicas contra o dominio temporal e as posesións eclesiásticas. En 1147 foi a cabeza da revolta cidadá de Roma contra o Papa para establecer unha nova república romana. A paz asinada entre o Papa e o Emperador Federico Barbarrubia no 1153 marcou a fin de Arnaldo, que foi encarceado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘tortilla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partenoxénese que orixina exclusivamente machos, que ten lugar por exemplo nas abellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de arrogante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Arsaces ou aos arsácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral gratuíta aparecida en xaneiro de 1979 e subtitulada “Revista de Información de las Artes Plásticas en Galicia”. Fundada e dirixida por Carlos Barcón Collazo, colaboraron nela: Fernando Mon, Carlos G. Bayón, Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo Torrente Ballester, Xavier Costa Clavell, Siro López, Mario Costa Clavell, Pilar Corredoira, Remixio Nieto e Laureano Álvarez. Editada pola SAF (Asociación Artistas de Ferrol), contén entrevistas, comentarios sobre exposicións, concursos amais numerosas fotografías. A propia revista participou en 1982 na I Feria Internacional de Arte Contemporáneo (ARCO) e organizou en 1986 a I Exposición Internacional de Revistas de Arte. Xa en 1994, outorgóuselle a copa de honra á mellor promoción de arte Ránking Internacional de Prestigio en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito pola man do home, sen ser obra da natureza.

    2. Que non é natural ou espontáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na psicoloxía de Piaget, estado mental do neno que cre que todos os obxectos e fenómenos exteriores son obra do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo óu pertencente á flora artoterciaria, diferenciada durante o Mioceno nas terras boreais e da que procede unha gran parte da actual flora do reino holártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de parentes da liña ascendente que preceden a unha persoa.

    2. Influencia ou autoridade que ten unha persoa sobre outra.

    3. Orixe ou procedencia dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do Bronce antigo das rexións da Emilia e Toscana que se caracterizan por poboados pouco estables (Asciano, Tanaccia, etc) dedicados ao pastoreo, recolección, caza e explotación mineira dos recursos cupríferos da rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Asciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana constituída no ano 133 a C a raíz da anexión por Roma do Reino de Pérgamo, que comprendía a parte occidental da península de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO