"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

    1. Acción de felicitar.

    2. Escrito ou palabras con que se felicita a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar satisfacción ou ledicia a unha persoa á que lle aconteceu un feito ou acontecemento favorable.

    2. Desexar felicidade a alguén.

    3. Sentirse satisfeito ou ledo por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo feminino Felicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fibroblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente antifúnxico que se sintetizou no ano 1967. É activa sobre todo contra a Candida albicans e o Aspergillus fumigatus. En medicina emprégase no tratamento das micoses internas e, asociado coa amfotericina B, é moi útil en individuos con insuficiencia renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de xeración de portadores (electróns e buracos) que se produce cando unha radiación luminosa de enerxía suficiente incide sobre a superficie dun semicondutor, que pode ser volúmico ou en forma de capa delgada. Este proceso de xeración pódese deber a transicións banda-banda (intrínsecas) ou a transicións en que participan niveis enerxéticos situados no intervalo de enerxía prohibida (extrínsecas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada en Vigo por Manuel Botana, Xosé M. Conde e Manuel Pombal Pérez a principios da década de 1990. Instalados na comedia, presentan espectáculos cunha forte compoñente visual e xestual e baseados en pequenas escenas nas que analizan aspectos da realidade máis inmediata desde unha perspectiva crítica ou satírica. Entre eles cómpre citar Cheiro de estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células das que se orixinan os gametos grazas ao proceso da gametoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de estroncio e aluminio, de fórmula SrAl3[(OH)6/PO4/PO3OH]. Cristaliza no sistema romboédrico, en cristais pequenos. Ten dureza 4,5-5 e peso específico 3,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sexual inmadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos leucocitos que conteñen gránulos e lisosomas no citoplasma e un núcleo irregular ou segmentado. Os granulocitos poden ser eosinófilos, basófilos ou neutrófilos, segundo os gránulos teñan afinidade, respectivamente, polos colorantes ácidos ou básicos ou por ningún. Tamén se denomina célula mieloide.

    2. Célula provista de gránulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de granulocitos na medula ósea en cantidades normais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sanguínea que, xunto coa hemolinfa, representa o compoñente fundamental do sangue de artrópodos e outros invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio ou tratado das células do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula fundamental do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de ovo que ten o vitelo nutritivo situado nun polo, mentres que no outro esta o vitelo xerminativo. É propio de anfibios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ovo que ten o vitelo nutritivo nun polo, mentres que no outro esta o vitelo xerminativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de cinc, de fórmula Zn5(CO3(OH)3)2. Cristaliza no sistema monoclínico. É dun aspecto compacto e forma bandas, capas concéntricas, eflorescencias e estalactitas. É de cor branca ou amarela pálida. Ten unha dureza de 2-2,5 e unha densidade de 3,2-3,8. OBS: Tamén se denomina flor de cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO