feocromocitoma

feocromocitoma
s m [PAT]

Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.

Palabras veciñas

2 feo -a | Feo, Francesco | feo- | feocromocitoma | Feodotov, Pavel | feofíceo -a | feofitina