"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
GALICIA
Zapateiro. Foi expulsado de Portugal polas súas ideas libertarias en 1914 e marchou a Brasil (1915), onde militou no sindicato anarquista en São Paulo. Perseguido polas autoridades, refuxiouse en Guaratingueta (1923) e marchou a Rio de Janeiro, onde morreu no asalto dun grupo de militantes comunistas ao local dos anarquistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse na escultura en Madrid en 1927 con J. Cristóbal e E. Barral. Foi profesor de escultura no Instituto Superior de Bellas Artes da Universidad de Tucamán. En 1960, unha bolsa do Fondo Nacional de las Artes permitiulle unha estadía na illa de Pascua, onde estudiou as súas esculturas. A súa obra partiu dun realismo esquemático para evolucionar a un clasicismo robusto, froito da súa admiración por Maillol (Olimpiada, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz procesional de prata para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para a igrexa de San Fiz de Asma (Chantada, 1654).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Coñecido como Chano, en 1978 formou a agrupación CAI, posteriormente foi discípulo do pianista Bill Dobbins e en 1986 formou o grupo Hiscadix, gañador da edición inaugural da Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. En 1992 creou un trío, que se consolidou en 1993 con Guillermo McGill e Javier Colina, no que fusionou o jazz co flamenco e co que gañou de novo a Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Da súa discografía destacan Hiscadix (1987), Memorias (1988), xunto a Tito Alcedo, D’aquí pa allá (1991), co grupo Decoy, e Chano (1993). Participou nos programas televisivos La Buena Música e Jazz Entre Amigos, no que foi elixido Mellor Solista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Activo en Santiago de Compostela, traballou no acondicionamento da entrada de San Martiño Pinario para construír a escaleira de acceso á igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade franciscano. Ingresou no colexio de Pasantes de Alba de Tormes e exerceu a docencia na Universidad de Salamanca. Foi gardián do convento de Tui, predicador xeneral e cronista da provincia. Foi o continuador da Crónica de Xacobe de Castro, publicada como Crónica Seráfica y prosecución del árbol cronológico de esta esclarecida, Santa y Apostólica Provincia de Santiago (...).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de arquitectura e escultura. Activo en Tui, traballou nos pedestais das reixas de madeira do altar maior da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘calzós’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Miguel González Lucas.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de América Central que se corresponde coa illa homónima do arquipélago das Pequenas Antillas, a maior das denominadas de Barlovento (751 km2; 71.000 h [estim 1999]). Está situada a 15° de latitude N e 61° de lonxitude O. A súa capital é Roseau, no SO da illa.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Dominica é unha illa de orixe volcánica na que o seu relevo se caracteriza por ser moi accidentado, resolto nunha sucesión de edificios volcánicos aliñados en dirección N-S. De entre eles destaca o Morne Diablotin, no centro da illa, que rexistra a maior altitude con 1.447 m. Cara ao N as altitudes dos cumios descenden (861 m do Morne aux Diables), mentres que cara ao S se manteñen por riba dos 1.200 m (Morne Trois Pitons, 1.380 m, monte Watt, 1.224 m, Morne Macaque, 1.221 m). O litoral esténdese ao longo dun perímetro de 184 km de costa, e alterna segmentos ocupados por depósitos de praia (de area negra volcánica) con outros... -
-
-
Relativo ou pertencente ao domingo.
-
Aplícase ás edicións que saen como suplementos dos xornais cada domingo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao señor feudal.
-
dereito dominical
Dereito que lle pagaban os vasalos ao señor dun feudo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado a partir do 19 de outubro de 1924 e subtitulado “Semanario de información general y Órgano de la Unión Patriótica en el distrito”.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de América Central, nas Grandes Antillas, que ocupa as dúas terceiras partes da illa La Española, no seu sector oriental. Limita ao O con Haití, ao N e L co Océano Atlántico e ao S co Mar Caribe (48.511 km2; 8.364.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 20° e 18° de latitude N e os 73° e 68° de lonxitude O. A capital é Santo Domingo.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo da República Dominicana caracterízase por ser moi montañoso, con altitudes superiores aos 3.000 m, que fan da súa orografía unha das máis desenvolvidas e variadas de todas as Antillas, onde se alternan os grandes cumios cos vales intermedios atravesados por numerosos ríos. Atendendo ao relevo, o territorio dominicano divídese en catro grandes sectores: a Cordillera Central, a Cordillera Septentrional, a rexión natural do SO e as chairas costeiras. A Cordillera Central, formada por materiais paleozoicos, atravesa a illa de SL a NO e nela é onde... -
-
Relativo ou pertencente a San Domingos de Guzmán e aos relixiosos que seguen a súa regra, a orde dos predicadores.
-
Relixioso ou relixiosa pertencente á orde dos predicadores.
-
-
-
Relativo ou pertencente á República Dominicana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da República Dominicana.
-
As primeiras manifestacións artísticas pertencen ao pobo taíno. Consérvanse restos cerámicos destinados a prácticas funerarias e rituais e mostras da arte rupestre en diversos lugares, ben en covas, ben ao aire libre. Destacan, entre outras, as covas de Las Maravillas, El Pomier e as Caritas. Nas covas do Parque del Este e Los Haitises localizáronse pictografías con distintas representacións de figuras humanas, animais, astros, figuras xeométricas e labirínticas, escenas de recolección, caza, pesca, danzas, xogos e prácticas funerarias. As estruturas arquitectónicas taínas son rectangulares, circulares e ovaladas, e estaban delimitadas por pedras verticais. Nelas atopáronse obxectos de pedra decorados con relevos, ídolos, amuletos e diversos obxectos realizados en pedra, madeira, cunchas e ósos. No campo da arquitectura colonial destaca a catedral de Santo Domingo (1521-1537), de trazas góticas, pero que amosa na fachada motivos decorativos platerescos. No seu interior acolle o mausoleo...
-
Nas súas orixes, a literatura transmitíase oralmente. No período de independencia xurdiron os primeiros xornais e entre os anos 1795 e 1800 introduciuse a imprenta. Os escritores da Restauración están marcados pola inestabilidade política e as guerras civís. A preocupación indixenista foi un elemento primordial da literatura do s XIX. Nesta tendencia destacan José Joaquín Pérez, representante do romanticismo poético, autor de Fantasías indígenas (1877); Manuel Jesús Galván, autor da novela histórica Enriquillo (1882); Gastón Fernando Deligne, con Galaripsos (1908) e o costumista Gregorio Billini. Así mesmo, destacaron Fabio Federico Fiallo, xornalista que fundou os xornais El Hogar, La Bandera Libre e Las Noticias e autor de Poesías (1880), e Salomé Ureña, poetisa, pioneira da educación feminina e fundadora do Instituto de Señoritas, primeiro centro feminino de ensino secundario establecido na República Dominicana....
-
-
-
Propiedade e dominio señorial.
-
Dereito que se lle pagaba ao señor.
-
Terra que o señor reservaba para a súa explotación directa cando cedía un feudo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Dominica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Dominica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hockey Club Dominicos.
-
-
Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.
-
Acción de dominar ou dominarse.
-
-
Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material. Permite ao seu titular gozar e dispoñer dunha cousa sen máis limitacións ca as establecidas polas leis.
-
dominio absoluto
Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.
-
dominio directo
Dominio que se reserva a quen cedeu un inmoble a censo de por vida ou enfiteuse, ou outro título semellante, de xeito que a propiedade non pode ser vendida sen o seu permiso.
-
dominio medio
Dominio que se reservaba á enfiteutam que consistía en doar a propiedade en subenfiteuse para converterse en señor medio. Este dereito podía exercitalo tamén o enfiteuta mediano e o seguinte.
-
dominio público
Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que, directa ou indirectamente, se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servicio público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade. Estes bens son a zona marítima terrestre, as praias e os recursos naturais, entre outros. É inalienable, polo que para poder ser enaxenado debe ser desafectado; tamén é imprescritible e inembargable.
-
dominio útil
Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.
-
-
-
...
-
-