"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido o 18 de xaneiro de 1993 e distribuído nas tres universidades de Galicia (Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña). Dirixiuno José Luis Sánchez Izquierdo. Inclúe, ademais de información xeral, entrevistas e datos sobre actividades, conferencias, bolsas, teatro, cursos de formación, etc.
-
PERSOEIRO
Exiptólogo e teórico da lingua británico. Aprendeu exipcio antigo na Sorbonne con G. Maspéro e revolucionou a transcrición e elucidación dos textos literarios do antigo exipcio. Editou o The Journal of Egyptian Archaeology (1916-1921, 1934 e 1941-1946). Escribiu, entre outras obras, Egyptian Grammar (1927), un traballo que trata o exipcio medio e unha nova e particular mirada sobre as fontes dos xeroglíficos, The Theory of Speech and Language (1932), The Theory of Proper Names (1940) e Ancient Egyptian Onomastica (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento francés de Gascuña, na rexión administrativa de Midi-Pyrenées (6.257 km2; 172.335 h [1999]). A capital é Auch (21.838 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. En 1919 a súa canción Swanee fíxoo popular e estreou revistas musicais en Broadway, a miúdo con textos do seu irmán Ira. Autor de bandas sonoras, escribiu obras sinfónicas como a Rhapsody in blue (1924), o poema sinfónico An American in Paris (1928) e a ópera Porgy and Bess (1935). Así mesmo, compuxo os musicais Girl Crazy, Of Thee i
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.653 km2; 557.300 h [estim 1998]). A capital é Gloucester.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guerra entre Iraq e unha coalición internacional liderada por EE UU. A crise que orixinou o conflito iniciouse o 2 de agosto de 1990, coa invasión de Kuwait por parte de Iraq, co obxecto de controlar as súas reservas petroleiras. A ONU votou primeiro unha resolución de embargo económico contra Iraq e en novembro de 1990 autorizou o emprego da forza por parte da coalición aliada. A denominada Operación Tormenta do Deserto (17 de xaneiro-28 de febreiro de 1991), dirixida polo xeneral estadounidense Schwarzkopf, someteu a Iraq a un intenso bombardeo, que rematou coa toma de Kuwait e a retirada de Iraq.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (53.105 h [2001]). De orixe romana, converteuse na Idade Media no principal mercado de cereais da rexión. Vinculado desde 1418 a Barcelona, adquiriu o título de cidade en 1925. Do seu patrimonio cultural destacan o campanario de Sant Esteve (s XV), o Can Bassa (s XV), o edificio da Porxada (s XVI), a casa do Conestable (s XVI) e o hospital de San Domenech.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo irlandés. Publicou varios traballos sobre a literatura do norte de India. Realizou a primeira bio-bibliografía da literatura das linguas indoiranias, cun traballo xeral da súa distribución e afinidades lingüísticas. A partir de 1898 residiu e traballou en Camberley, onde traballou no Linguistic Survey of India (1898-1928), que ofrece información sobre unhas 350 linguas e dialectos de India. Tamén destacan as súas obras Bihar Peasant Life (1885), Seven Grammars of the Dialects and the Subdialects of the Bihárí Language (1883-1887) e A Ditionary of the Kāsmīrī Language [...] (1916-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico británico. A súa única realización Drifters (1929) deu pé á creación da escola documental británica. Produciu as obras realistas de autores como Paul Rotha, Robert Flaherthy e Alberto Cavalcanti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso mozárabe. Foi sacerdote dunha cidade da diocese de Qurtuba, na Córdoba musulmana, onde tamén foi martirizado (852). Na iconografía viste sotana sacerdotal, ás veces con roquete, e leva como atributos a palma do martirio e un alfanxe. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo xermánico, latinizado en Gumesindus, composto de guma ‘home’ e swind ‘forte’. Presenta as variantes Gumesindo/Gumesinda e os hipocorísticos Gumerso, Gumer, Sindo/Sinda. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
-
CIDADES
Cidade da länd de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do río Agger, a 5 km de Agger-Stausee (50.600 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (83.300 h [1990]). Está situada á dereita do río Dalke, afluente do Ems, preto da vertente occidental da selva de Teutoburg. É un núcleo industrial e un centro de artes gráficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista e bioquímico inglés. Foi profesor de fisioloxía da Royal Institution e de bioquímica e xenética na Universidade de Londres. Traballou na aplicación da análise matemática aos fenómenos xenéticos e así poder determinar as taxas de cambio xenético en poboacións humanas, fixo unha aproximación matemática ao proceso de selección natural e nos métodos de medida da unión dos xenes; tamén traballou sobre a hemofilia e daltonismo para poder determinar a taxa de mutacións no home. Entre as súas obras podemos destacar As causas da evolución (1933), Novos camiños en xenética (1941) e A bioquímica e a xenética (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista estadounidense. Discípulo de L. Bloomfield, dedicouse ao estudo das linguas e da lingüística xeral e á filoloxía románica. Destacan os seus estudios Bibliography of Italian Linguistics (1941), Descriptive Italian Grammar (1948), Short History of Italian Literature (1951), Manuel of Applied Linguistics: Italian (1960), Pidgin and Creole Languages (1965), An Essay on Language (1968) e La struttura dell´italiano (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de ensino superior situado en Cambridge (Massachusetts). Foi fundado en 1636 polo filántropo John Harvard (1607-1638) e recibiu o nome de Harvard University en 1938. É a máis antiga e unha das máis destacadas universidades estadounidenses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos condutos situados no centro da substancia fundamental do tecido óseo, que se dispoñen ao seu redor en forma de láminas concéntricas. Cada conduto contén un vaso sanguíneo, unha fibra nerviosa e medula ósea. O conxunto dos condutos e das láminas óseas concéntricas denomínase sistema de Havers, descrito polo médico anatomista inglés Clopton Havers (1655-1702).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jan Sanders van Hemessen.
-
PERSOEIRO
Político escocés. Líder laborista, presidiu a Conferencia de Desarmamento de Xenebra (1932). Foi Premio Nobel da Paz en 1934.
VER O DETALLE DO TERMO