Golfo Pérsico, Guerra do
Golfo Pérsico, Guerra do
Guerra entre Iraq e unha coalición internacional liderada por EE UU. A crise que orixinou o conflito iniciouse o 2 de agosto de 1990, coa invasión de Kuwait por parte de Iraq, co obxecto de controlar as súas reservas petroleiras. A ONU votou primeiro unha resolución de embargo económico contra Iraq e en novembro de 1990 autorizou o emprego da forza por parte da coalición aliada. A denominada Operación Tormenta do Deserto (17 de xaneiro-28 de febreiro de 1991), dirixida polo xeneral estadounidense Schwarzkopf, someteu a Iraq a un intenso bombardeo, que rematou coa toma de Kuwait e a retirada de Iraq.