Golgi, Camillo

Golgi, Camillo

Histólogo italiano. Foi profesor de anatomía patolóxica na Universidade de Pavía. Fixo estudios microscópicos do tecido nervioso mediante o emprego do método de tinción por bicromato potásico e nitrato de prata. Tamén realizou estudios sobre a malaria e as súas variedades. Publicou Sulla fina anatomia degli organi centrali del sistema nervoso (1886). En 1906 distinguírono, xunto con Santiago Ramón y Cajal, co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polas súas investigacións sobre a estrutura do sistema nervioso.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Corteno, Brescia

  • Deceso

    Lugar : Pavía