"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e antropólogo arxentino. Doutourouse en 1909 na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Bos Aires coa tese La cerámica funeraria de los yacimientos prehistóricos de La Isla (Quebrada de Humahuaca). Xunto con Juan Bautista Ambrosetti descubriu una cultura antiga en Tilcara. Foi membro da Sociedad de Americanistas de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Discípulo de Gauss, exerceu como profesor no politécnico de Zúric (1858) e na Technische Hochschule de Brunswick. Foi un dos abandeirados de dúas das correntes básicas que deron orixe á matemática moderna: a formalista e a loxicista. Construíu unha teoría xeral dos ideais. Definiu os números irracionais por medio do concepto de “corte” dentro do conxunto dos racionais, teoría que chegou a ser clásica. Unha gran parte dos seus traballos desenvolvéronse nunha época moi posterior, así o demostra a influencia da súa obra na matemática posterior. É o autor de A Stetigkeit und irrationale Zahlen (1872), Über die Theorie der ganzen algebraischen Zahlen (1879) e Was sind und was sollen die Zahlen? (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Estudiou no Conservatorio de Leipzig e posteriormente instalouse en París. Foi autor de óperas, música orquestral, pezas corais e música de cámara. Da súa produción destacan as pezas A Village Romeo and Juliet (Un Romeo e Xulieta de aldea, 1901), Appalachia (1903), Koanga (1904), In a Summer Garden (Nun xardín de verán, 1908) e Summer Night on the River (Noite de verán sobre o río, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. En 1882 participou na fundación da Ligue des patriotes e foi o seu presidente. A súa obra reflicte as súas ideas nacionalistas. Publicou, entre outras obras: Les chants du soldat (Os cantos do soldado, 1872), Nouveaux chants du soldat (Novos cantos do soldado, 1875) e L’Hetman (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer brando algo.

    2. Causar tenrura en alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenlear o que está enguedellado.

    2. Clarificar un asunto complicado.

    3. Deixar de estar enleada algunha cousa, especialmente cordas ou fíos.

    4. Librarse dunha persoa ou dunha situación comprometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desguedellar ou desguedellarse.

    2. Que ten os cabelos despeiteados e presenta un aspecto pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esparexer os cabelos a alguén.

    2. Deixar de ter peiteado o cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non realizar unha orde ou mandato.

    2. Non someterse ás normas ou aos mandatos de alguén ou de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso das células sanguíneas, especialmente dos leucocitos, a través das paredes dos vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos diomedeidos, ao que pertencen algúns albatros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos diomedeidos.

    2. Ave da familia dos diomedeidos.

    3. Familia de aves á que pertencen os albatros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo grego Dιομ ή δης, composto de Dιος (xenitivo de ϴ εός ‘Zeus’) e o verbo μεδες (de μέδω ‘protexer, meditar, gobernar’); xa que logo, ten o significado de ‘protexido de Zeus’ ou ‘entregado aos coidados de Zeus’. Na mitoloxía grega hai varios heroes que levan este nome, como o rei de Tracia e o príncipe de Argos que participou na Guerra de Troia. No santoral figura san Diomedes (ss III-IV), mártir durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe etolio da Iliada, fillo de Tideo e Deípole. Como xefe dos etolios e príncipe de Argos participou na Guerra de Troia, onde protagonizou grandes xestas grazas á protección de Atenea, e na expedición dos epígonos contra Tebas. Nos relatos do ciclo troiano aparece como un bravo loitador e bo orador acompañando a Ulises na misións máis relevantes que lle encargaron a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Tracia, fillo de Ares e Pirene. Tiña o costume de facer que as súas catro eguas devorasen os estranxeiros que acudían ao seu reino, ata que Heracles lle deu morte e ceibou as eguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático latino. Escribiu o tratado Ars grammatica (380? a C) que se divide en tres partes: a primeira trata de elementos da linguaxe; a segunda de cuestións gramaticais (acento, sílaba, letras, puntuación) e da expresión; e a terceira de cuestións métricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e mártir. Foi decapitado durante a persecución de Diocleciano no ano 304. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Como membro do Partido Popular foi concelleiro (1983-1987), presidente do Comité Local (1989-1995) e alcalde (1987-1990) de Tui. Deputado do Parlamento galego entre 1990 e 1996, en 1993 tomou posesión como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Abandonou este cargo en 1996, ao ser designado delegado do Goberno en Galicia. Entre 1995 e 1996 foi presidente da Sociedade Galega de Medioambiente Natural (Sogama). Desde maio do 2000 foi conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais, cargo que sumou desde xaneiro de 2001 ao de conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arañas, de corpo groso e forte, de ata 25 mm de lonxitude, propias de medios húmidos como turbeiras e lagoas. Agardan as súas presas no bordo da auga. Aliméntanse de insectos acuáticos e incluso de pequenos peixes, aos que atraen á superficie facendo vibrar a auga. Se se senten ameazados poden mergullarse. Os machos practican unha parada nupcial axitando as patas anteriores para comprobar a receptividade da femia que, unha vez fecundada, pode pór máis de 1000 ovos. No N da Península Ibérica está presente a especie D. fimbriatus.

    VER O DETALLE DO TERMO