"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • GALICIA

    Escritor. Pertencente á Xeración do 25, publicou o poemario Nó de saloucos e bágoas (1920), a novela A custureira (1922) e a peza teatral estreada en 1933 Brétemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de orixe descoñecida, talvez galego. Activo no terceiro cuarto do s XIII e vinculado á corte de Afonso X. Consérvase da súa autoría unha tensó mantida co Rei Sabio recollida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa; trátase do escarnio social “Ua pregunt’ar quer’a el-Rei fazer”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político peruano. Militante da Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA), foi deputado ao Parlamento e secretario xeral do partido en 1982. Ocupou a presidencia da República (1985-1990) e durante o seu mandato emprendeu reformas económicas de carácter progresista. Presentouse novamente ás presidenciais do 2001, nas que foi derrotado por Alejandro Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira co guión e dirección das obras, en formato vídeo, El incidente (1983) e Madrid-2 (1984). Codirixiu e foi guionista da longametraxe Urxa (1989). O seu último proxecto como director foi A barbería (1993). Nese mesmo ano fundou a empresa Síntese Vídeo Infografía. Ao longo da súa carreira traballou como crítico de cine no xornal La Voz de Galicia co pseudónimo Ocho y cuarto, e impartiu cursos de Iniciación á Linguaxe Audiovisual en Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa. Recibiu o premio de curtametraxes de ficción no Festival Internacional de Cine de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e dramaturgo. A súa obra destaca por ter incorporado elementos vangardistas que van do surrealismo ao absurdo e pola presentación de temáticas de actualidade como as relacións de parella, sen renunciar a unha denuncia da situación política de finais dos sesenta e principios dos setenta. Escribiu Ocio, celo, pasión de Jacinto Disipado (1970), Gioconda-Cicatriz (1970), El taxidermista (1978) ou La sangre del tiempo (1980). A compañía Teatro de Ningures escenificou en 1986 o seu texto As mans limpas, con dirección de Manuel F. Vieites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Foi xefe de redacción da Revista de la Universidad de México. Da súa produción destacan El canto de los grillos (Premio de Teatro de Ciudad de México 1954), Imagen primera (1963), Figura de paja (1964), La casa de la playa (1966), El reino milenario (1969), Trazos (1974), La errancia sin fin (Premio Anagrama 1981) e Las huellas de la voz (1982). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Literatura (1989) e o Premio Juan Rulfo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. En 1888 foi elixido deputado polo distrito de Astorga e en 1893 por Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, participou no goberno presidido polo seu sogro, E. Montero Ríos, como ministro de Gobernación (1905). En sucesivos gobernos ocupou as carteiras de Gracia e Xustiza (1905-1906) Fomento (1906) e Estado (1910-1912), ministerio desde o que tramitou os tratados que posibilitaron o establecemento do protectorado español sobre Marrocos e que lle valeron a concesión do marquesado de Alhucemas. Ao morrer Canalejas (1912), ocupou interinamente o goberno durante dous días pero non contou co apoio de Romanones para continuar no cargo, feito que deu lugar á escisión do Partido Liberal; os seus partidarios constituirían o Partido Liberal Democrático. Presidiu o consello de ministros en diversas ocasións (1917, 1918 e 1922) e ocupou a carteira de Gobernación (1918), no goberno Maura. Aceptou a carteira de Gracia e Xustiza (1931) no último goberno da monarquía, presidido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente socialista. Participou na fundación do PSOE (1879) e da UGT (1888), organización sindical da que foi o primeiro presidente. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ás posicións aliadófilas dos dirixentes socialistas e en 1921 abandonou o PSOE para formar parte da comisión organizadora do Partido Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Ingresou como secretario de sala da Audiencia Territorial da Coruña (1906), foi nomeado vicesecretario de goberno do Tribunal Supremo (1922) e secretario (1931). Elixido deputado independente por Pontevedra en 1933, participou nas campañas de defensa da Misión Biolóxica. Dirixiu Diario de La Coruña e El Ideal Gallego, e colaborou en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e na revista Vida Gallega. Foi presidente da Asociación de Prensa da Coruña en 1906. Publicou Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas en Galicia (1909) e Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la Región Gallega (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Exerceu nos xulgados de Bande e A Estrada. Foi maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e dende 1990 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística do galego no eido da xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en publicacións como Grial e no volume colectivo Contos da Xustiza (1991), e escribiu O réxime xurídico da lingua galega (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e profesor de debuxo. Aínda que cultivou a paisaxe á acuarela, a súa pintura é abstracta, monocroma e cunha ausencia da luz. Emprega as tonalidades grises e a mancha ampla. Realizou exposicións individuais e colectivas en Galicia, Madrid e Venezuela. Recibiu o premio de pintura no Certame Xoven Pintura Galega (A Coruña, 1978) e o premio e a adquisición de obra no Certame de Artes Plásticas Diaz Pardo (1991). A súa obra está, entre outras salas, nas deputacións da Coruña e Pontevedra e nas coleccións Caixanova, Caixa Galicia e Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático mexicano. Ingresou no Servicio Exterior mexicano en 1939, foi embaixador en Brasil (1962-1964) e durante os anos sesenta foi o representante do seu país na ONU. Dende a súa creación en 1964, presidiu a comisión para a desnuclearización de América Latina e desde 1977 presidiu o Comité de Desarmento, con sede en Xenebra. En 1982 foi galardoado, xunto coa sueca Alva Myrdal, co Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Centrou a súa obra en temas etnográficos das vilas e aldeas de España e dos países do Leste. Individualmente, participou nas Journeés internationales de la photo de Montpellier (1985) e en “Images from Spain” (1987), no Art Center Paul Klapper de Nova York. Colectivamente expuxo na Nigh Gallery de Londres (1980), en ARCO (1983), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1985) e III Fotobienal de Vigo (1988). Recibiu o Premio Arlès (1989) ao mellor libro de fotografía Século XX, o Premio Eugène Smith (1989) de Nova York e o Premio Nacional de Fotografía de España (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada nas Pontes de García Rodríguez. Foi fortaleza do cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel, pero apenas quedan restos dela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e historiador. Foi chanceler do consulado de España (1944-1963) na República Dominicana. Da súa produción destaca Guerra de la Independencia: Ensayo histórico político de una epopeya española (1945), Río Tambre (1973), Poema da morte do guerrilleiro e do vello das brancas guedellas (1976), Brasil. Historia, xente e samba-canción (1977), Os mártires de Carral. Poema maior dos mártires galegos ou da redenzón (1981) e Memorial de saudades (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xesuíta e escritor. Foi director das Escolas Dominicais de Santiago. Realizou estudios sobre historia e arte de Galicia e a lingua galega. No campo da arqueoloxía e da historia publicou diversos estudios en Boletín de la Real Academia Gallega. No eido da lingua galega é autor de “El gallego y el latín” no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense e de Sobor do antiguo linguaxe do pobo gallego, e no da teoloxía, escribiu Inferno e gloria. Recibiu un galardón nun certame literario celebrado en Vigo en 1916. Membro da Real Academia Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO