García Prieto, Manuel

García Prieto, Manuel

Avogado e político. En 1888 foi elixido deputado polo distrito de Astorga e en 1893 por Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, participou no goberno presidido polo seu sogro, E. Montero Ríos, como ministro de Gobernación (1905). En sucesivos gobernos ocupou as carteiras de Gracia e Xustiza (1905-1906) Fomento (1906) e Estado (1910-1912), ministerio desde o que tramitou os tratados que posibilitaron o establecemento do protectorado español sobre Marrocos e que lle valeron a concesión do marquesado de Alhucemas. Ao morrer Canalejas (1912), ocupou interinamente o goberno durante dous días pero non contou co apoio de Romanones para continuar no cargo, feito que deu lugar á escisión do Partido Liberal; os seus partidarios constituirían o Partido Liberal Democrático. Presidiu o consello de ministros en diversas ocasións (1917, 1918 e 1922) e ocupou a carteira de Gobernación (1918), no goberno Maura. Aceptou a carteira de Gracia e Xustiza (1931) no último goberno da monarquía, presidido por J. Aznar. Foi senador vitalicio desde 1911, maxistrado do Tribunal Supremo e vogal permanente do Tribunal Internacional da Haia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Astorga, León

  • Deceso

    Lugar : Donostia