"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

    1. Relativo ou pertencente á cantidade.

    2. Aplícase aos termos (adxectivo, pronome, determinante ou adverbio) que expresan cantidade (bastante, pouco, moito, catro, etc).

    3. Tipo de análise química que se centra no estudio da materia en canto á cantidade, en volume ou peso, dos seus compoñentes.

    4. Teoría monetaria que explica o nivel de prezos en función da cantidade de diñeiro en circulación. Azpilicueta e Bodin enunciaron a existencia dunha relación cuantitativa entre os prezos de diferentes bens, principio que Petty; Locke e Cantillon reformularon, introducindo os elementos básicos cos que Fisher elaborou o seu enumerado definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de traballos destinados a coidar a terra e as plantas para obter un maior proveito có desenvolvido espontaneamente pola natureza. Estes traballos estrutúranse nos sistemas de cultivo. Os agrupamentos humanos, en rexións onde predomina o bosque ecuatorial, utilizan un cultivo itinerante que consiste no aproveitamento de claros, arranxados mediante a queima do bosque, que se abandonaban por estériles despois dalgunhas colleitas; algúns pobos congoleños, como os fang, e certos pobos de Insulindia continúan a practicar estas técnicas. Os habitantes das montañas de Indochina ou os indios brasileiros utilizan sistemas agrícolas semellantes. Por outra banda, certos sistemas de cultivo en terras de latitudes medias usaron a limpeza do monte mediante rozas. A formación de sociedades sedentarias estivo condicionada en parte pola consecución dunha notable mellora nas técnicas agrícolas. As máis importantes en terras de clima seco son o barbeito e a rotación de cultivos. Os sistemas de cultivo...

      2. cultivo hidropónico

        Coidado de plantas no que as raíces están suspendidas en auga ou nun substrato inerte, como a area de cuarzo, con nutrientes en disolución.

      1. Superficie de terra cultivada.

      2. Produto que se cultiva nunha superficie de terra.

      1. Poboación activa microbiana que creceu nun medio de cultivo, xeralmente constituído por glícidos simples, como a glicosa, proteínas facilmente asimilables e sales minerais inorgánicas que proporcionan fundamentalmente xofre, fósforo, magnesio, cloro, sodio, potasio e calcio.

      2. cultivo gnotobiótico/cultivo poliaxénico

        Microecosistema artificial creado en condicións de laboratorio, onde se controla unha serie de especies de microorganismos para estudar a alimentación, a medra e as relacións ecolóxicas entre distintas especies.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para curar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase á escritura manuscrita na que as letras se unen unhas a outras mediante prolongacións e nexos.

      2. Aplícase ao carácter de imprenta co ollo inclinado de esquerda a dereita. Tamén recibe o nome de letra itálica.

      3. Escritura trazada rapidamente que se distingue da caligrafía por certas formas simplificadas para acadar maior velocidade.

    1. Aplícase á variedade do aspecto durativo, propio da acción que se presenta no seu curso ou no seu desenvolvemento (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tende a dar o que posúe sen pedir nada a cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao titor ou curador nomeado por orde xudicial por ausencia de titor ou curador testamentario ou lexítimo.

    2. Aplícase á tutela diferida por un mandamento xudicial.

    3. Caso do paradigma da flexión nominal dalgunhas linguas indoeuropeas, como o sánscrito, o grego ou o latín. Foron os gramáticos gregos os que legaron o concepto moderno de caso como categoría de declinación dos nomes e doutras palabras flexivas afíns. Xunto co acusativo e o xenitivo, incluíron o dativo no grupo dos chamados casos oblicuos (πλάγιαι) por ser lateral a súa relación co verbo, para diferencialos do nominativo, o caso directo ou recto (εὐζεῐα) do que os demais eran unha mera desviación, unha caída (πτῶσις). Os gregos, que tiñan do funcionamento da lingua unha concepción condicionada polas diversas realidades extralingüísticas, definiron este caso a partir da consideración dos “significados” que completaba e chamárono (πτῶσις) δοτικ,ῆ ou ἐπισταλτικ,ῆ, é dicir,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe latina procedente do latín Dativus ‘o que dá’. San Dativo (ss III-IV), mártir de Abitina en África, celébrase o 11 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que decide ou resolve, ou axuda a decidir ou a resolver.

    2. Que ten consecuencias moi importantes, tanto negativas coma positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declara ou explica unha cousa que de por si non está clara.

    2. Aplícase ao xuízo que ten como finalidade obter do xuíz a declaración da existencia dun dereito anterior.

    3. oración enunciativa.

    4. erbo que expresa a enunciación pura e simple dunha aserción, como dicir, contar, declarar ou anunciar, por oposición aos verbos de opinión, que implican que non se asume a aserción que introducen (crer) ou que esta se presenta como unha opinión (pensar).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á decoración.

      2. arte decorativa

        arte decorativa.

    1. Que decora ou que é apropiado para decorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que procede por dedución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece dalgunha cousa.

      1. Aplícase a calquera palabra que, aínda que pertence a unha clase que posúe flexións nominais (caso) ou verbais (tempo e persoa), non ten o paradigma das súas formas completo. Por exemplo, en galego cumprir co significado de ‘ser necesario’ é un verbo defectivo.

      2. Aplícase ao sistema de escritura que só ten símbolos para as consoantes. É o caso, por exemplo, do alfabeto arameo, hebreo e árabe, nos que a notación das vocais é opcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á defensa.

    2. Que serve para defenderse dun ataque ou dunha agresión.

      1. liña defensiva

        Conxunto de membros dun equipo que ocupan as áreas do terreo de xogo próximas á súa propia meta para tentar neutralizar as tentativas de ataque dos contrincantes.

      2. sistema defensivo

        Plan táctico que un deportista ou un equipo emprega para impedir ou contrarrestar os ataques do rival. Nos deportes colectivos contempla especificamente a distribución dos distintos membros do equipo polo terreo de xogo e as responsabilidades que cada un deles debe asumir fronte ás posibles accións ofensivas dos contrarios (movementos, marcaxes, colaboración cos compañeiros, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pon fin a unha cousa ou a un asunto sen posibilidade de cambio posterior.

    2. Corpo de relixiosos definidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á deliberación.

    2. Que delibera.

    3. Aplícase a calquera unidade gramatical coa que o suxeito da enunciación se pregunta “qué debe facer ante máis dunha posibilidade”. Distínguense así as oracións deliberativas (Marcharei ou quedarei?) e, no latín, a utilización do subxuntivo deliberativo na interrogación (quid faciam? Que facer?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • delimitador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demostra ou serve para demostrar.

    2. Subclase de determinantes que mostran ou sinalan unha cousa ou un ser no espazo ou no tempo sen nomealo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para denominar ou que implica denominación.

    2. denominal.

    VER O DETALLE DO TERMO