"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • Atracción sexual por individuos do mesmo sexo. Se se dá entre mulleres tamén recibe o nome de lesbianismo, safismo ou tribadismo, e entre homes o de sodomía. Sobre as causas da homosexualidade existen diversas teorías, como a teoría xenética , que propón que a orientación sexual vén ditada por un xene situado nunha das parellas de cromosomas non sexuais (do que non hai probas); a teoría hormonal , segundo a cal a homosexualidade débese a un desequilibrio de hormonas no feto (non hai probas físicas), e a teoría da psicanálise , segundo a que a homosexualidade se debe a unha falta de madureza, ou a unha influencia externa durante as etapas críticas do desenvolvemento da personalidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. homosexualidade.

    2. Movemento que propugna a liberalización das relacións homosexuais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona da atmosfera máis próxima á terra que comprende a troposfera, a estratosfera e a mesosfera, e que se caracteriza pola homoxeneidade da mestura dos principais constituíntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase, en glosemática, á función que se establece entre dous elementos que pertencen a un mesmo sintagma, como pode ser a relación entre o xénero e o número no substantivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha soa clase de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos con homosporia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rabino e escritor xudeu. Destacou como predicador e escribiu un comentario filosófico sobre o Pentateuco, ‘Aqedat I ṣḥ aq, punto de referencia para o estudo da situación relixiosa e filosófica dos xudeus da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior do fuste da columna.

    2. Diámetro inferior do fuste da columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é susceptible de ser demostrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que agrupa os estados de Europa oriental para a colaboración na investigación espacial, baixo a dirección da Academia de Ciencias da URSS. Resultado desta colaboración foi o Kosmos-261, lanzado en 1968, a serie Interkosmos e o programa Intersputnik.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1304? - 1341) Gran príncipe de Moscova (1325-1341) e de Vladimir (1328-1341), fillo de Daniel I. Sucedeu o seu irmán Alexandre II. Estendeu o dominio do principado a unha gran parte de Rusia e estableceu a hexemonía sobre outros principados (Tver) e cidades (Novgorod, Pskov).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Moscova (1462-1505), fillo e sucesor de Basilio II. Unificou unha gran parte de Rusia (centralización do poder e unificación do sistema xudicial, entre outras medidas) e loitou contra Suecia, os grandes príncipes lituanos e os livonianos. Estableceu relacións diplomáticas con diversas nacións europeas e abriu o país á influencia da cultura occidental. Chamou ao arquitecto italiano Aristotile Fieravanti para refacer e embelecer o Kremlin, onde construíu a catedral da Asunción(1476-1479).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en diversas publicacións e cultivou os temas clásicos, a pintura de historia, as escenas costumistas e, sobre todo, o retrato. Das súas obras destacan María Pita, El gaitero, El pescador, El pobre e El rico. Recibiu a medalla de prata nas exposicións rexionais de Santiago de Compostela (1875) e da Coruña (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro faraón da dinastía XVII, fillo de Seqenenre Tao II. Emprendeu unha guerra de liberación nacional contra os hicsos e conquistou Exipto Medio. Sucedeuno o seu irmán Amosis I, fundador da dinastía XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nivnice 28.3. 1592 - Amsterdam 15.11.1670) Pedagogo e teólogo checo. Coñecido como Johann Amos Comenius, pertenceu á Unión dos Irmáns Moravos, da que tamén foi bispo, e isto supúxolle ser un proscrito en seis países. Escribiu a Didactica Magna (1627-1632) -obra que deu paso ao paradigma do realismo pedagóxico, distanciado do humanismo e antecedente do empirismo-, Ianua linguarum reserata e Orbis pitus. Con estas obras converteuse no gran pedagogo europeo do s XVII. No seu derradeiro libro, Unum Necessarium (1668), propugnaba a pansofía, desenvolvemento orgánico de toda a sabedoría divina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dunha serie de satélites artificiais soviéticos. Coa denominación de Kosmos, a CEI situou en órbita máis de 1.400 enxeños espaciais, maioritariamente de aplicación militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba de chorar ou vai chorar.

    2. Que incita a chorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cuberto de lama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Cadramón (O Valadouro). O seu cumio acada os 1.039 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO