homosexualidade

homosexualidade

(

s f

Atracción sexual por individuos do mesmo sexo. Se se dá entre mulleres tamén recibe o nome de lesbianismo, safismo ou tribadismo, e entre homes o de sodomía. Sobre as causas da homosexualidade existen diversas teorías, como a teoría xenética , que propón que a orientación sexual vén ditada por un xene situado nunha das parellas de cromosomas non sexuais (do que non hai probas); a teoría hormonal , segundo a cal a homosexualidade débese a un desequilibrio de hormonas no feto (non hai probas físicas), e a teoría da psicanálise , segundo a que a homosexualidade se debe a unha falta de madureza, ou a unha influencia externa durante as etapas críticas do desenvolvemento da personalidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Sinónimos

Refráns

  • De home maricas e de muller cabalón ¡libértanos, Señor!
  • Non son homes tódolos que mexan contra a parede.

Palabras veciñas

homorricia | homosexoloxía | homosexual | homosexualidade | homosexualismo | homosfera | homosintagmático -ca