"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
PERSOEIRO
Rei merovinxio (511- 524), fillo de Clodoveo I. Herdou o territorio comprendido entre os ríos Loire e Garonne, con capital en Orléans. Venceu os burgundios no 523, pero, un ano despois, estes apresárono e executárono.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pos de cor amarela pouco solubles en auga e alcol. Emprégase, normalmente, como indutor da ovulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cloranfenicol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual que editou a Asociación de Jóvenes de Ramalde no Porto dende comezos do ano 1989. Esta publicación, que amosou un grande interese pola historieta, representou un importante medio de comunicación e coñecemento entre os escritores galegos e portugueses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno xenético que se dá nalgúns heterocigotos que consiste na manifestación fenotípica simultánea dos caracteres dados por dous alelos. Un exemplo son os individuos co grupo sanguíneo AB, nos que se manifesta o alelo A e o alelo B.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á codominancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atribuírlle a alguén un sobrenome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica consistente na extracción da vesícula biliar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resección cirúrxica, total ou parcial, do colon. Practícase máis frecuentemente a resección parcial, coñecida co nome específico de hemicolectomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación cirúrxica dunha abertura artificial no colon. Tamén se denomina ano artificial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica, realizada por vía vaxinal, para corrixir unha inversión uterina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de cultivo que se basea na existencia simultánea de plantas de diversos cultivos nun mesmo campo, de xeito que un deles sirva como apoio dos outros. É típico dos países mediterráneos e das áreas de solo húmido ou de regadío. Dáse normalmente en pequenas explotacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Susceptible de ser comido.
-
-
Procedemento narrativo de extensión variable baseado na sucesión de imaxes gráficas acompañadas ou non de escritura. Cando se representan diálogos, o texto aparece dentro duns globos chamados bocadillos que se sitúan enriba ou arredor do personaxe e poden expresar pensamentos, onomatopeas, metáforas visuais, etc. A unidade narrativa mínima é a viñeta, que representa un corte da acción no espazo e no tempo e que se vincula coas seguintes nunha secuencia caracterizada pola economía sintáctica.
Orixe e historia do cómic
Pódense remontar as orixes do cómic aos xeroglíficos exipcios, ás estelas mesopotámicas, ás cerámicas gregas, aos tapices e retablos medievais e ás iluminacións dos libros. O seu precedente máis inmediato foron as historias relatadas por medio de viñetas do suízo Rodolphe Töppfer, autor, a mediados do s XIX, de Histoire de M. Jabot e Histoires en estampes. O cómic tal e como se considera modernamente naceu a finais... -
Publicación que recolle unha ou varias narracións en banda deseñada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fundado en 1972 polos debuxantes Xosé Díaz, Xesús Campos, Luis C. Esperante e Isaac Díaz Arias Roxo. Pretendían a concienciación política dos galegos, para o que elaboraban unha publicación con textos en galego nas súas bandas deseñadas; nelas inciden na problemática da sociedade galega, con personaxes como caciques, cregos ou xentes da cidade e da aldea; ao tempo que criticaban as inxustizas e ofrecían solucións cun humor satírico. Dende os seus comezos tiveron diversos problemas coa censura, que mesmo clausurou varias das súas mostras. No ano 1973 participaron na Mostra do Cómic Galego en Santiago de Compostela, xunto con Reimundo Patiño, Xaquín Marín, Ricardo Lázaro e X. Barro. Nese mesmo ano editouse o primeiro número da revista de cómic galego A Cova das Choias, en Xenebra, con debuxos de Xosé Díaz e Xesús Campos. A editorial Ruedo Ibérico publicou en París o libro El movimiento libertario español, que contén ilustracións dos compoñentes do grupo. Posteriormente,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comer unha cantidade pequena de algo, pero repetindo cada pouco tempo, especialmente entre comidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
comechón.
-
PERSOEIRO
Escalador e guía italiano. Foi un dos fundadores da escola alpina moderna. Efectuou máis de setenta primeiras ascensións de gran dificultade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos comicios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de cómico.