"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Aplícase aos peixes que migran desde as augas do mar ata as augas doces para desovar, como por exemplo as anguías e os salmóns. Cando a migración ten lugar en sentido contrario, desde as augas doces ata as salgadas denomínanse semi-diadromos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sedimento ou á rocha que contén cunchas de diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se divide en dous.

    2. Aplícase á Lúa cando está no primeiro ou no último cuarto.

    3. Aplícase á ramificación en que os eixes secundarios se orixinan por bifurcación do ápice do eixe principal en dous eixes secundarios equivalentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que presenta follas dicótomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno propio das especies de plantas que presentan distintos pés adaptados para a polinización por diferentes tipos de insectos. Por exemplo, o lirio amarelo, que posúe plantas con flores aptas para a polinización por dípteros e outras para os himenópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisección f entre dúas aberturas de dous espacios vectoriais normais, tal que f e f-1 son derivables e as derivadas son continuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. Pertenceu ao antigo mosteiro fundado por Odoario baixo a advocación de santo Estevo e que doou ao mosteiro de Santo Adrián de Montederramo, pero baixo a xurisdición do bispo de Lugo. No 954, o bispo lucense Hermenexildo, concedeu ao seu tío o abade Randino, o establecemento dunha comunidade relixiosa dúplice coa condición de seguir baixo a autoridade lucense. No 976, Senior, sobriña do bispo de Tui Ermoxio, doou varias igrexas ao bispo de Lugo entre as que estaba o mosteiro propiedade do seu tío. Posteriormente, pertenceu ao cabido lucense e foi dominio real. En 1164, Fernando II cedeullo a Fernando Odoáriz e a súa dona xa baixo a advocación de san Paio. Afonso IX confirmou á Igrexa de Lugo o coto e a igrexa de Diomondi e en 1231 Fernando III reafirmou esta confirmación. A igrexa é románica e, segundo as súas características arquitectónicas e ornamentais, construíuse cara ao 1200. Ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas e dividida en cinco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador, escritor e sofista grego. Foi mestre de retórica en Prusa e desempeñou diversas maxistraturas. Despois dunha viaxe por Exipto, estableceuse en Roma, onde contou coa amizade de Vespasiano. A liberdade das súas ensinanzas e a súa linguaxe, xunto coa súa amizade con Flavio Sabino, que caeu en desgracia, provocou que fose desterrado por Domiciano (82). Viaxou polas pequenas comunidades do Imperio romano, entre outras, Borístenes, Getia, Cícico, Mesia e Eubea difundindo as súas ensinazas. Retornou a Roma despois da morte de Domiciano e foi tratado con consideración por Nerva e Traxano. Os seus escritos filosóficos, Se o mundo é corruptible, Encomio de Heracles e Platón, En defensa de Homero contra Platón, Sobre as virtudes de Alexandre e Feitos dos getas, perdéronse. Consérvanse oitenta discursos, que comprenden diatribas, alocucions ás cidades e consolacións. Destacan, entre outros, Discursos do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas bocas ou ventosas.

    2. Nome dado a dous tremátodos endoparasitos, que en estado adulto parasitan os condutos biliares da ovella e, ocasionalmente, do home e doutros mamíferos. O dístomo hepático provoca a fasciolose e o dístomo lanceolado a dicroceliose.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuberta en forma de cúpula.

      2. Cúpula que coroa a igrexa no Renacemento italiano.

    1. Igrexa principal ou catedral dunha cidade, especialmente en Italia.

      1. Forma hemisférica dunha masa rochosa. Pode ser resultado da intersección de dous anticlinais, aproximadamente perpendiculares, ou dunha intrusión ígnea, ou a menor escala, resultado da erosión. Sobre as rochas graníticas son moi frecuentes, pois os axentes erosivos como a auga e o xeo aproveitan diaclasas curvas.

      2. domo salino

        Formación salina en forma de domo.

    2. Cilindro rematado nunha cúpula que, situado sobre a cámara de vapor dunha locomotora, serve para recoller o vapor e conter o seu regulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo xaponés. Principiou os estudios de pintura na Universidade de Toquio. Entre os anos 1933 e 1935 traballou como aprendiz de Kotaro Miyauchi na Escola de Belas Artes de Toquio. Ata 1945 colaborou nos estudios Nihon Kobo. Posteriormente, comezou a desenvolver a súa actividade como fotógrafo independente e en 1950 fundou o grupo Shudan Photo, co que realizou exposicións da obra de coñecidos fotógrafos occidentais, como Cartier-Bresson, Bourke White, Brandt, Penn e Smith. O seu traballo documental da antiga arquitectura e escultura xaponesas influíu en numerosos creadores. A nivel internacional, ademais das súas colaboracións para revistas e libros, coñécense as súas imaxes das víctimas da bomba de Hiroshima, retratos que foron expostos na mostra Hiroshima Vitims, celebrada en 1968. Recibiu os premios Photographic Culture (1942), Minister of Education Award of the Arts (1959) e Kan Kikuchi (1971), entre outros. A súa obra está espallada en museos de todo o mundo, dos que destaca o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra documental da literatura rusa antiga aparecida no s XVI en Novgorod. Dividida en tres partes, xurdiu ante a necesidade da centralización do poder político e dunha ríxida ideoloxía autoritaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia patolóxica a fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa unha ruta de comunicación ou transporte por terra, mar ou aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pista que na antiga Grecia se destinaba ás carreiras.

    2. Corredor ou avenida que dá acceso a diversos monumentos antigos. No antigo Exipto, constituíu unha avenida flanqueada por esfinxes que precedía aos pilonos dun templo servía de acceso ás vivendas mesopotámicas, cretenses e minoicas. Precedía á cella funeraria nos thóloi prehelénicos e noutros monumentos funerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor siciliano. Activo en Roma, traballou con Michelangelo nos proxectos da tumba de Xulio II (1542) e na Porta Pia (1562). En San Giovanni Laterano realizou a tumba de Elena Savelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Exiliouse en 1831 pola súa participación nunha conxura liberal. Logo do seu retorno, participou na loita contra os austríacos (1848) e accedeu ao cargo de ministro da Guerra (1855). Serviu como embaixador en Istambul (1856-1861) e foi ministro de Asuntos Exteriores dende 1862. Presidiu o Senado entre 1884 e 1887. É autor da obra Della nazionalità italiana (Sobre a nacionalidade italiana, 1846), na que defendeu a centralización política e a abolición do poder do papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Abba Eban, residiu en Palestina dende o ano 1942. Foi representante de Israel na ONU (1948-1959) e embaixador nos EE UU (1950-1959). Tras ser elixido deputado laborista en 1959, ocupou diversos cargos ministeriais: ministro sen carteira (1959-1960), ministro de Educación e Cultura (1960-1963), viceprimeiro ministro (1963-1966) e ministro de Asuntos Exteriores (1966-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO