"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Okrug autónomo, na oblast’ de Kamčatka (301.500 km2; 30.700 h [estim 1999]). A súa capital é Palana (2.735 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1915 polo editor Georg Willy Pfleger e Josep Fornés i Vila. Propúñase poñer ao alcance do gran público obras científicas, técnicas e de divulgación, especialmente médicas. Cara ao ano 1920 estendeuse a América Latina. Déronlle nome, sobre todo, os manuais básicos da Biblioteca de Iniciación Cultural. Co tempo, a editorial converteuse nun grupo de empresas de edición e distribución en lingua castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terra dedicada ao cultivo.

    2. Tempo que dura a sementeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Editorial Lar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado ao S de Donostia e regado polo río Oria (17.195 h [2001]). A cabeza de termo é Lasarte. O primeiro núcleo poblacional estableceuse a finais da Idade Media, xunto á casa-torre da familia Lasarte. O municipio non foi independente ata 1985. Destacan o Convento de las Brigidasdo s XVII e a igrexa de San Pedro do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo de lector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ceramista. Obtivo a medalla de prata no IV Salón de Artistas non profesionais da Coruña coa obra Vorágine Amorosa. Foi seleccionado pola ONU (1970) para enseñar cerámica en Ecuador. Realizou o escudo de Pontecesures na fachada do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matilde González Palau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artesán. Conspirador liberal, liderou a sublevación na Coruña contra os franceses (1808) e colaborou coa Xunta de Armamento e Defensa (1810). Abriu unha fábrica de armas en Santiago de Compostela (1811) e colaborou no Diario Cívico-Patriótico. Participou nas conxuras militares que levaron ao Levantamento de Porlier (1815), polo que os absolutistas o detiveron e o executaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro industrial. Foi o principal promotor do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, a primeira escola de cine española. En 1943 creou o Laboratorio de Experiencias e Investigacións cinematográficas na Escola de Enxeñeiros Industriais. En 1947 creouse o Instituto de Investigacións e Experiencias, do que foi director e profesor. Foi xefe da sección de Materias Primas da Subcomisión Reguladora da Cinematografía na década de 1940 e xefe do Negociado da Subdirección Xeral da Cinematografía no Ministerio de Información y Turismo na década de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo romanés. Consagrouse coa obra Citadela sfarmata (O castelo destruído, 1955) e publicou, entre ourtras obras, Surorile Boga (As irmás Boga, 1959), Si eu amb fost în Arcadia (Eu tamén estiven na Arcadia, 1971) e Última carreira (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de recreo romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte máis numerosa dun conxunto de cousas ou de persoas.

      2. Parte máis grande, nunha votación, dos votos emitidos nun sentido ou noutro.

      3. Conxunto de votantes que reúnen o maior número nunha asemblea.

      4. maioría absoluta

        Maioría que supera a metade do total dos votos emitidos ou dos membros dunha asemblea.

      5. maioría relativa/simple

        Maioría que excede o número de votos correspondente a outras alternativas, ou o número de membros dos outros partidos ou coalicións.

    1. Oficina administrativa nun cuartel.

    2. maioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (457-461). Elevado ao trono polo xeneral Ricimer, rexeitou os vándalos cando intentaron o desembarco en Ostia (458), e construíu unha flota para derrotar desde Hispania os visigodos de Xenserico, aínda que fracasou. Destronado por Ricimer, pouco despois foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción delitiva que realiza unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal e infanta de España, filla de Filipe V e de Isabel de Farnese. Casou en 1727 con Xosé, príncipe de Brasil e herdeiro dos reis de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, autor e director teatral. En 1946 debutou no teatro profesional na compañía de Alejandro Ulloa, e pouco despois no cine co filme Mariona Rebull (1947). En 1977 foi nomeado director do Centro Dramático Nacional, e a mediados da década de 1980 fundou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. Foi director do Instituto de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura (1989-1990). Dirixiu obras de autores clásicos e modernos, das que destacan Marat-Sade (1968), Tartufo (1978) e El Misántropo (1997), e tamén de produción propia, como Yo me bajo en la próxima...y usted? (1982) e Tan lejos, tan cerca (1998). Recibiu o Premio Nacional de Interpretación (1960), o Premio Nacional de Teatro (1974), a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1991) e o galardón de honra dos premios Max de teatro (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Martínez Soria, formou unha compañía teatral propia en 1940, especializada en producións cómicas. En 1950 conseguiu ter un teatro propio en Barcelona, o Teatre Talía (desde 1982 Teatro Martínez Soria). Das súas películas destacan La ciudad no es para mí (1965), Abuelo made in Spain (1969), Don erre que erre (1970), El abuelo tiene un plan (1973), Vaya par de gemelos (1977) e La tía de Carlos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mellorar.

    2. Diminución ou alivio da intensidade dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO