Labor, Editorial
Labor, Editorial
Editorial fundada en Barcelona en 1915 polo editor Georg Willy Pfleger e Josep Fornés i Vila. Propúñase poñer ao alcance do gran público obras científicas, técnicas e de divulgación, especialmente médicas. Cara ao ano 1920 estendeuse a América Latina. Déronlle nome, sobre todo, os manuais básicos da Biblioteca de Iniciación Cultural. Co tempo, a editorial converteuse nun grupo de empresas de edición e distribución en lingua castelá.