labor

labor

(< lat labōre)

  1. s m

    Ocupación ou actividade que realiza unha persoa.

    Ex: O seu labor é moderar os debates, non dar a súa opinión.

    Sinónimos: traballo.
  2. s m

    Resultado da actividade que se realiza.

    Ex: Deixou feito un importante labor no ámbito da literatura.

    Confrontacións: traballo.
  3. s m

    Actividade de costura ou bordado.

    Ex: Miña nai estivo toda a tarde facendo labor.

  4. s m

    Conxunto de traballos que se fan para cultivar a terra.

    Ex: Estiven toda a tarde na horta facendo o labor.

  5. s m

    Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa a tarefa que fai unha palilleira ao longo dun día.

  6. terra de labor [AGR]

    Terra destinada para traballos agrícolas.