"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica sueca realizada en 1920. Foi dirixida por Mauritz Stiller e interpretada por Anders de Wahl, Tora Teje, Lars Hanson, Karin Molander e Vilhelm Bryde, entre outros. É unha comedia de enredo con elementos de sensualidade que influíu moito en directores centroeuropeos como Lubitsch ou Gustav Machatý.
-
-
Relativo ou pertencente aos erotílidos.
-
Coleóptero da familia dos erotílidos.
-
Familia de coleópteros propios de cascas de árbores mortas, especialmente se existe abundancia de fungos descompoñedores. Caracterízanse por presentarse, na fase adulta, como escaravellos de tamaño medio ou pequeno -cun tamaño medio duns 8 mm de lonxitude que no caso dalgunhas especies chega ata 22 mm de lonxitude- e as máis das veces de cor alaranxada, vermella ou negra.
-
-
-
Busca, investigación ou evocación do pracer que enriquece as posibilidades do desexo sexual. Implica unha disposición e un conxunto de recursos da imaxinación para mobilizar a sensualidade baixo a presión daquel desexo. É unha canle vital de comunicación, porque se vale de toda clase de xestos que lle dan á sensualidade unha dimensión subxectiva e persoal que comporta unha liberación sexual. As culturas orientais e outras fixeron do erotismo unha relixión, unha arte ou unha ciencia; pola contra, a civilización xudeocristiá negoulle toda dimensión espiritual e converteuno en algo vergonzoso e pecaminoso. O erotismo é un concepto ambiguo que foi empregado segundo as ideoloxías e as mentalidades. Esta ambigüidade reflectiuse nas lexislacións occidentais, que crearon unha dicotomía, puramente subxectiva, entre erotismo considerado arte e pornografía considerada pura artesanía comercial ou groseira.
-
Calidade ou condición de erótico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de erotizar ou erotizarse.
-
-
Dar carácter erótico.
-
Tomar carácter erótico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para formar unha escara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana externa do globo ocular, formada por feixes de fibras de coláxeno imbricados de forma irregular, que se estende dende a córnea ao nervio óptico. Na parte posterior ten unha serie de orificios que constitúen a lámina cribosa, por onde saen as fibras do nervio óptico. É opaca, branca e resistente, e corresponde á zona do branco do ollo. Ten como función soportar e protexer as estruturas internas do ollo e servir de base para a inserción da musculatura extrínseca ocular.
-
-
Relativo ou pertencente á esclerótica ou á esclerose.
-
Que padece esclerose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escoliose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
zapón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica e teolóxica elaborada por John Duns Escoto e os seus seguidores. Declarada doutrina da orde franciscana en 1593, caracterízase por defender a univocidade do ser, a individualidade, a diferenciación formal, o realismo metafísico, o voluntarismo e o intuicionismo psicolóxico.
-
-
Relativo ou pertencente a John Duns Escoto ou ao escotismo.
-
Que ou quen é partidario do escotismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección do pobo de Madrid que tivo lugar entre o 23 e o 26 de marzo de 1766. Iniciouse como unha protesta polo bando sobre capas e chapeos emitido polo marqués de Esquilache, aínda que a causa máis profunda estaba no encarecemento dos prezos do pan, como consecuencia da liberalización do comercio de cereais e as malas colleitas dos anos anteriores. Os amotinados saquearon a casa de Esquilache, de Grimaldi e do gobernador de Castela, e despois enfrontáronse no Palacio Real á garda valona. Ante a magnitude da insurrección, Carlos III accedeu ás peticións dos amotinados: destitución e desterro do marqués de Esquilache, saída da corte da garda valona, anulación das disposicións referentes aos vestidos, rebaixa no prezo dos comestibles e supresión da xunta de abastos. Concedeuse, ademais, o perdón xeral para os participantes nos tumultos. Ao longo do mes de abril sucedéronse as revoltas en distintas cidades españolas, entre outras, Zaragoza, Cuenca, Murcia e A Coruña. Ao fin das mesmas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temperamento, non patolóxico, no que se dá unha preponderancia da vida interior, da que resulta unha frialdade e un desinterese aparente cara á realidade externa.
-
-
Relativo ou pertencente á esquizotimia.
-
Que ou quen presenta esquizotimia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que se adapta a unha intensidade luminosa que varía dentro duns límites pouco distantes.
-
-
Escritura estenográfica realizada a máquina.
-
Máquina especial para a escritura estenográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe con estenografía á máquina.
-
-
de estereotipar.
-
Que se repite sen variación.
-
-
-
Imprimir mediante estereotipo.
-
Fixar algo como un xesto, frase ou procedemento artístico por medio da súa frecuente repetición.
-